Así se repartía a poboación de Galicia en 1975, e así se reparte hoxe

Como proxectar nun gráfico de comprensión sinxela os datos que explican o noso entorno? A plataforma The Pudding, composta por xornalistas e enxeñeiros especializados no manexo de grandes bases de datos, desenvolve ferramentas para interpretar a información neste senso. Unha delas é Human Terrain, no que se pode comprobar en tres dimensións a evolución da poboación mundial nos últimos 40 anos. O traballo mestura as imaxes tomadas por satélite, os datos do censo arredor de todo o planeta e os sistemas de información xeográfica para crear mapas da densidade de poboación.

Así, cada columna representada no mapa abrangue entre 250 e 5.000 metros cadrados. E canto máis alta é, significa que máis xente vive nese espazo. A ferramenta permite ver a situación actual (datos de 2015), facer comparacións co ano 1990 e, en moitos casos, co 1975, e amosar tamén a variación, tanto en aumento como en decrecemento, entre o ano 1990 e o 2015. O mapa de Galicia vese así (á esquerda, 1975; e á dereita, 2015):

Publicidade

Comparativa da poboación de Galicia entre 1975 e 2015. Fonte: The Pudding.
Comparativa da poboación de Galicia entre 1975 e 2015. Fonte: The Pudding.

No mapa evidénciase como, mentres as áreas de Vigo, A Coruña e Santiago e, en menor medida, Lugo e Ourense, mantéñense nunha situación semellante, o interior de Galicia perdeu poboación en moitas cabeceiras de comarca.

A ferramenta de The Pudding permite observar tamén o espectacular crecemento demográfico en países como India ou China.

Publicidade

Podes consultar todo o proxecto nesta ligazón. Para obter máis detalles sobre os datos de Galicia, está o IGE. E tamén podes ler:

Oito gráficos sobre o avellentamento e o despoboamento en Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta