Venres 29 Marzo 2024

Investigan se a monogamia (e a poligamia) teñen orixe xenética

Moitas veces xurdiu a pregunta: está a monogamia, ou a endogamia, determinada polos xenes? Por que determinadas especies adoitan reproducirse cunha soa parella, mentres outras o fan con moitas diferentes? Unha investigación publicada na revista PNAS parece apuntar a que existe un patrón que explicaría a monogamia nos vertebrados.

Non parecía haber unha explicación a e estes comportamentos sexuais. Algunhas especies de roedores, a priori semellantes, que teñen actitudes moi distintas. Por exemplo, mentres o Microtus ochrogaster é monógamo, o Microtus pennsylvanicus, cambia moitas veces de parella reprodutora. Estas evidencias levaron aos científicos a estudar as diferenzas xenéticas entre estes parentes roedores en estudos previos.

Publicidade

E agora, o novo traballo sinala que a resposta podería estar nun patrón xenético. “O noso estudo abrangue 450 millóns de anos de evolución, o suficiente para atopar o devanceiro común de todas estas especies”, explica unha das autoras do estudo, Rebecca Young, da universidade de Texas, en Austin.

Analizáronse os cerebros de machos de 10 especies diferentes de mamíferos, aves, anfibios e peixes, organizados en cinco pares semellantes, cunha delas monógama e outra polígama. E chegaron a identificar así 24 xenes candidatos a estar asociados a sistemas de apareamento determinados. Aquí, por tanto, parece estar a chave: é posible que unha expresión determinada neses xenes determinou a predisposición de cada especie á monogamia ou poligamia.

Nas especies que se converteron en monógamas, os xenes relacionados con varios tipos de funcións cognitivas, como o desenvolvemento neuronal, a actividade sináptica ou a memoria, amosaron unha expresión maior; mentres que outros xenes relacionados coas tarefas de transcripción amosábanse negativamente.

Os autores do estudo aclaran que non se poden estender as conclusións aos humanos, pero poderíase investigar máis

“Estas diferenzas poderían indicar un aumento da plasticidade neural ante unha regulación transcripcional máis estrita nos machos monógamos”, explican os investigadores no seu artigo.

Os datos, porén, non son concluíntes. Precisaranse máis estudos para descubrir todas as implicacións destes patróns na monogamia ou endogamia. Os científicos aclaran que estes 24 xenes non poden ser designados, de forma categórica, como os que determinan o comportamento sexual dos animais.

E as persoas?

En declaracións á revista Science, outro dos autores do estudo, Hans Hoffman, contestou sobre a posible aplicación destes achados á especie humana: “Non o sabemos”. Pero engadiu: “Poderiamos especular con que a expresión destes xenes tamén se pode ver nos humanos”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que a clonación é tan rara na natureza

A partenoxénese é un tipo de reprodución asexual que empregan as femias dalgunhas especies para realizar copias de si mesmas

Un estudo revela a evolución dos asentamentos humanos en España entre 1900 e 2020

A investigación na que colaborou un equipo da USC podería servir para modelar a influencia do crecemento urbano no cambio climático

A herdanza xenética dos denisovanos inflúe na depresión, no TOC ou na anorexia

O equipo de investigadores identificou a contribución xenética más extendida destes homínidos ata o momento

Os xenomas de 800 primates revelan claves de mutacións que causan cancro ou cardiopatías

Este estudo mostra características fundamentais da evolución e as doenzas humanas para a conservación da biodiversidade