‘A provincia que sabe’ recibe o premio Gente Viajera Galicia á mellor promoción turística

A campaña gastronómica da Deputación da Coruña, galardoada por "promover a innovación nos procesos turísticos”

A campaña turística e gastronómica da Deputación da Coruña, ‘A provincia que sabe’, resultou gañadora dun dos Premios Gente Viajera de Galicia, organizados por Onda Cero. Fíxoo na categoría de “mellor promoción turística”, grazas a “ter en conta as necesidades tanto dos visitantes como da poboación local”, tal e como destacou o xurado, que tamén puxo en valor a “promoción da innovación nos procesos turísticos” da entidade provincial a través desta iniciativa.

O vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira, subiu ao escenario a recoller o galardón, que lle entregou Carles Lamelo, director do programa ‘Gente Viajera’. Durante a súa intervención, Regueira salientou “o elevadísimo nivel do sector agroalimentario e turístico”, protagonista da campaña, que ademais “xera riqueza e oportunidades no territorio”. “Un sector”, engadiu, “que está sendo recoñecido mundialmente grazas ao seu bo facer, e que nós podemos constatar en cada feira internacional na que nos acompañan”.

Publicidade

Ademais, Regueira referiuse ao traballo de “cooperación e colaboración para facer do turismo un sector competitivo, de calidade e sostible”, e que reforza a súa “aposta polo territorio e polo país, dende o orgullo e o máximo respecto á contorna”.

Entre os demais premiados atópase tamén a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo na categoría de ‘innovación turística e sostibilidade’. Un proxecto que conta co apoio da Deputación, e que “é sinónimo de “compromiso co territorio, profesionalidade e calidade”, tal e como afirmou o vicepresidente durante a súa intervención.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa

A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da institución provincial por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade

Os chefs Iria Espinosa e Luís Veira representan ‘A paisaxe que sabe’ no Premio Cociñeiro/a Galego/a 2026

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destaca o "momento extraordinario" da cociña coruñesa polo seu produto, identidade e creatividade

‘Galicia en ruta’: 12 camiños para coñecer o patrimonio, a paisaxe e a gastronomía galegas

A guía da Xunta estará dispoñible en sete idiomas e recolle itinerarios que se adaptan a diferentes espazos temporais e preferencias