A Coruña promociona ‘A provincia que sabe’ en Barcelona, Ourense e Pontevedra

A área de Turismo da Deputación percorrerá as tres cidades coa súa marca turística e gastronómica

A provincia que sabe, a marca turística e gastronómica da Deputación da Coruña, comezará a súa andaina en tres foros sectoriais a vindeira semana: o Fórum Gastronomic de Barcelona, o Salón de Turismo Gastronómico ‘Xantar’ de Ourense e a Feira do Gourmet Galego ‘Etiqueta Negra’ de Pontevedra. Trátase, segundo explica o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, “de incrementar os esforzos que estamos a realizar para promocionar a oferta turística da provincia dende parámetros de calidade e de sustentabilidade, en liña coas novas demandas da sociedade actual e poñendo enriba da mesa conceptos como o consumo responsable, o turismo consciente, e as potencialidades da economía circular”. 

Entre o luns 7 de novembro e o mércores 9, a área de Turismo da Deputación terá a primeira das citas onde desenvolverá un ambicioso programa de actividades no stand do Fórum Gastronómic de Barcelona, con oito showcookings e oito degustacións. Neste programa participarán cociñeiros e cociñeras da Costa da Morte, da Reserva das Mariñas e Terras do Mandeo, de Ortegal e da comarca de Santiago. No referente ás degustacións, ofreceranse produtos agroalimentarios representativos de todos os xeodestinos da provincia. Un programa que se intensifica con respecto ao desenvolvido no mesmo foro en anos anteriores, co obxectivo de “poñer en valor a diversidade do noso sector gastronómico como unha das fortalezas turísticas da provincia e, sobre todo, como un elemento para atraer e consolidar un turismo de calidade”, explica Xosé Regueira. Convén lembrar que o Fórum Gastronomic concentra en Barcelona os principais nomes da cociña contemporánea e ás empresas punteiras do ámbito gastronómico. 

Publicidade

Dúas citas máis

A promoción de “A provincia que sabe” ten dúas citas máis durante a vindeira semana. Do mércores 9 ao domingo 13, estará presente no Salón de Turismo Gastronómico ‘Xantar’ de Ourense cun stand propio que acollerá degustacións de produto da provincia. Ademais, o vicepresidente e deputado de Turismo participará o venres 11 nunha mesa redonda onde dará a coñecer a nova estratexia turística baixo a marca A provincia que sabe, co obxecto de “chegar a un perfil turístico interesado particularmente pola gastronomía, máis tamén ao sector profesional: o da distribución e o da restauración”.

Finalmente, na mañá do domingo 13, a área de Turismo da Deputación participará por vez primeira na Feira do Gourmet Galego ‘Etiqueta Negra’ de Pontevedra cun showcooking a cargo da cociñeira do grupo Nove e recoñecida cunha Estrela Michelín Beatriz Sotelo. A Feira Etiqueta Negra, especializada no gourmet e na innovación agroalimenaria, reúne a profesionais do sector, produtores e consumidores coa fin de dar a coñecer as tendencias de mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos delicatessen e gourmet que se producen no país. 

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mapa musical de Galicia: as citas máis importantes do verán

Os Concertos do Xacobeo 2025 traen este ano 40 eventos e máis de 500 artistas para reforzar a posición da comunidade a nivel internacional

Practicar, viaxar e aprender: o camiño para ser un hostaleiro en Galicia

Galicia conta cun dos centros de formación máis importantes de Europa no sector e o seu grao ten máis dun 90% de inserción laboral

A Mariña Lucense, primeiro destino galego en obter o selo Observer de Turismo Ornitolóxico

O recoñecemento avala a súa riqueza natural e o seu potencial como enclave de referencia para a observación de aves

Como fomenta Galicia o emprendemento rural a través dun proxecto europeo

Feuga formou parte da iniciativa que reuniu a 158 grupos de interese de España, Países Baixos, Malta e Turquía