A provincia da Coruña promociona o seu rural como turismo intelixente

Xosé Regueira analiza nun congreso estatal como a pandemia modificou os hábitos turísticos e que tipo de oportunidades se derivan dese cambio

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, representará á Deputación da Coruña no encontro estatal sobre destinos turísticos intelixentes que terá lugar este venres, 10 de xuño, na Casa Consistorial de Benidorm e que contará coa particpación da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. Trátase da V Edición do Congreso Digital Tourist que organiza a Asociación Multisectorial de Empresas de Tecnologías de la Información, Comunicaciones y Electrónica (AMETIC).

O relatorio de Xosé Regueira enmárcase na mesa redonda que leva por título ‘Turismo rural: el papel de las diputaciones’, na que se abordará como o turismo intelixente no territorio incide no desenvolvemento económico do medio rural. Neste panel, terá unha especial relevancia como a pandemia modificou os hábitos turísticos e que tipo de oportunidades se derivan dese cambio, así como o papel das administracións provinciais na promoción dun turismo sustentable, competitivo e accesible.

Publicidade

Dixitais e sostibles

O vicepresidente da Deputación da Coruña compartirá mesa redonda cun representante da Diputación de Alicante, coa deputada de Turismo da Diputación de Cáceres, Patricia Valle, e co asociado de AMETIC, Ignacio Albendea. A mesa estará coordinada por Javier Martínez Belotto, coordinador do grupo de traballo ‘Pueblos digitales sostenibles’ da AMETIC. 

O Congreso Digital Tourist reune a responsables sectoriais do ámbito da empresa dixital e a responsables políticos e administrativos a nivel estatal, autonómico e provincial. En total, celebraranse doce mesas redondas e relatorios que abordarán, entre outras cuestións, como a tecnoloxía actual permite detectar patróns de comportamento, controlar aforos nos principais puntos de concentración turística, como abordar a transición turística sostible en materia de redución da pegada de carbono e de consumos de auga, ou como promover un turismo de interior consciente baseado na riqueza cultural, patrimonial e de natureza dos distintos territorios.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tutorial para facer o teu propio filtro para fotografar a eclipse e outros consellos

O fotógrafo Alejandro Muñoz explica como capturar o Sol de forma segura e o astrofotógrafo Daniel López dá recomendacións para obter un bo resultado

As claves da NASA para observar a eclipse total de Sol do 12 de agosto

Galicia será un dos territorios europeos privilexiados para contemplar o fenómeno astronómico do ano a causa do paso da banda de totalidade polo territorio

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela

Un estudo da UDC reconstrúe a evolución do lince europeo coa análise de ADN e proteínas antigas

A investigación analizará tres especies de lince do suroeste de Europa para reconstruír as súas relacións evolutivas e as hibridacións entre elas