Pazo de Andeade, 300 anos de historia e un libro de receitas para revivir os pratos de hai un século

Elena Vázquez e Henrique Sparrow son a directora e o chef deste negocio familiar construído nun pazo e no que se recuperan receitas de cociña tradicional galega

Aínda que pareza incrible, a familia do Pazo de Andeade pode retroceder 300 anos na súa árbore xenealóxica. Este lugar, que se atopa en Andeade, a pouco máis de 20 quilómetros de Santiago de Compostela, mantén a esencia dunha construción cargada de historia: “Tiñamos moi claro que o que queriamos era amosar como eran estas casas na súa época”, comenta Elena Vázquez, a directora, “aínda que achegando o que hoxe en día é imprescindible, como é a luz, a calefacción, o auga quente, etc”.

Pero este pazo, ao que tamén se lle chama A Casa Grande de Andeade, non é só un lugar no que desconectar da cidade, senón que é ademais coñecido pola súa gastronomía e por querer manter algunhas das receitas antigas que se facían no Pazo. “Temos a boa fortuna de ter moitos documentos porque o pazo estivo sempre na mesma familia”, conta Henrique Sparrow, o chef que acaba de regresar ao negocio familiar despois de estar 22 anos vivindo no estranxeiro: “Uns deses documentos son uns libros de cociña dos anos 1927-1928 feitos pola nosa tía, que era unha cociñeira incrible e anotou todas as súas receitas”.

Publicidade

Sparrow explica que nestes cadernos atópanse menús de 15 días nos que nunca se repetían nin o almorzo, nin a comida, nin a cea, algo que para el demostra que nesta zona de Galicia había moito produto para cociñar. Ademais, neles tamén hai receitas prácticas para eliminar manchas da roupa ou acabar con ratos e avelaíñas. 

Quilómetro cero

“O concepto é entón o de manter e revivir estas receitas, pero dándolle tamén un enfoque máis moderno”, comenta Sparrow. “E tendo incluso noites temáticas como de comida mexicana ou hindú”. 

Publicidade

E todo isto, usando produto local de tempada, con especialidades do día e centrándose na experiencia completa. É dicir, que os comensais non se acheguen só para comer, senón que tamén aproveiten para pasear polo xardín da propiedade e relaxarse na contorna.

“Hai moito que ver e que probar aquí”, asegura o chef. “O que queremos é revivir os vellos tempos cando viña moita xente aquí, ao Pazo, a comer e gozar”.

Elena Martín
Elena Martín
Realizadora audiovisual, xornalista e tradutora. Licenciada en comunicación audiovisual por la USC, máster en documental creativo pola UAB e máster en tradución audiovisual pola UOC. Forma parte da cooperativa de comunicación social Xarda e colabora en varios medios de comunicación como O Salto Galiza, GCiencia, Traveler ou Pikara Magazine

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe