Lucía Freitas e o proxecto Amas da Terra: “Quero que sexa unha rede das mulleres”

A chef da Tafona, restaurante Estrela Michelín de Compostela, quere darlle visibilidade á pegada feminina na gastronomía galega

A cabeza de Lucía Freitas nunca deixa de bulir. Esta chef Estrela Michelin, dona do restaurante A Tafona, non só cociña, senón que cultiva as súas propias froitas e verduras nunha horta en Cacheiras e loita porque as mulleres recuperen o lugar que lles pertence dentro da gastronomía de Galicia.

“Este proxecto é algo que eu sempre tiven claro: que xuntas somos máis fortes e que emprender implica moitas dificultades, sobre todo sendo muller”, explica cando se lle pregunta por Amas da Terra. Trátase dun proxecto que está conformado por unha serie de vídeos, gravados xunto á cineasta Xisela Franco, no que as protagonistas son mulleres de diferentes eidos relacionados co mundo da alimentación: unha mariscadora, unha viticultora, unha gandeira, unha agricultora e unha cesteira. “Decateime de que todo polo que eu pasara tiña que valer de experiencia non só para min, senón para elas tamén. E de que o foco que eu teño podía servir para facelas a elas visibles. Porque, por desgraza, sempre foron mulleres invisibles”, conta Freitas.

Publicidade

A punta do iceberg para Freitas

Amas da Terra xurdiu así como un desexo de falar de todas as mulleres que adoitan estar na base da gastronomía  —que Freitas compara cun iceberg no que a punta, que é o que se ve, está chea de homes—, e tamén como unha homenaxe a Xapón, país co que a cociñeira sempre tivo relación. “O nome de ‘amas’ ben en parte polas amas xaponesas. Unhas mergulladoras bastante maiores que aínda moitas veces se somerxen a pulmón, sen bombona, e coas que eu sentín que tiñamos un gran nexo de unión”, conta a chef.

Lucía Freitas quere que este proxecto continúe e que cada vez sexan máis mulleres as entrevistadas. Tamén busca que este proxecto acabe indo ás escolas, onde elas poidan ir dar masterclases e sirvan como referente para os nenos e nenas. “Escoitar a outras mulleres con outros traballos e outros puntos de vista faite medrar a ti”, reflexiona Freitas. “E se todas as mulleres ademais son desprendidas e o que queren é crecer en conxunto, ese é o futuro”, conclúe.

Publicidade

Elena Martín
Elena Martín
Realizadora audiovisual, xornalista e tradutora. Licenciada en comunicación audiovisual por la USC, máster en documental creativo pola UAB e máster en tradución audiovisual pola UOC. Forma parte da cooperativa de comunicación social Xarda e colabora en varios medios de comunicación como O Salto Galiza, GCiencia, Traveler ou Pikara Magazine

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Coruña consolida o seu prestixio gastronómico na feira Salón Gourmets

A Deputación valora a súa participación no evento celebrado en Madrid cun balance "moi positivo" e a sensación de deixar a restauración coruñesa na mira internacional

Descubertas dúas especies de cogomelos inéditas en Galicia

Un estudo da Federación Galega de Micoloxía e impulsado pola Deputación da Coruña identifica os exemplares no Pazo de Mariñán, no concello de Bergondo

Un equipo da UDC crea arrecifes con cunchas de vieira de restaurantes con estrela Michelin

Investigadores do CITENI demostran que estes refugallos gastronómicos poden reutilizarse para fabricar ecoformigóns

Dona Urraca, a raíña indomable que dobregou os roles de xénero

Foi capaz de afrontar un reinado cheo de desafíos e con loitas abertas contra o seu fillo, a súa irmá en Portugal e o bispo Xelmírez en Compostela