Días espectaculares para ver a Estación Espacial dende Galicia

O xigante orbital pasará a primeira hora da noite con boa altitude e magnitude durante toda a semana

Chegan días grandes para ver pasar sobre Galicia a Estación Espacial Internacional. Os ceos despexados e a nitidez producida polo frío na atmosfera fan que a visión sexa máis clara. Ademais, nas vindeiras datas o xigante orbital fará pases pouco despois do anoitecer, cunha grande magnitude e cunha boa altitude para observala sen problemas

Os pases máis espectaculares previstos serán o venres 22 de marzo ás 21.09 horas, cunha altitude de 75º e unha magnitude de -4. Tamén destacan os pases da fin de semana, sempre por riba da magnitude -3 e con boa altitude.

Publicidade

A Estación Espacial e moito máis: estes satélites tamén se ven desde Galicia

A ISS aparece como un pequeno punto branco que se move polo ceo a grande velocidade, xa que esta nave orbita arredor da Terra a uns 400 quilómetros de altura, a unha velocidade de 28.000 quilómetros por hora (preto de 8 km/s).

A Estación Espacial está a cruzar o ceo continuamente, ás veces gravando o territorio de Galicia.  Tamén tomando retratos do país dende a órbita da Terra. Pero  non sempre é visible, xa que iso depende de diversos factores, entre eles a nubosidade. Tamén depende da latitude na que orbite en cada xornada.

Publicidade

Para observala en boas condicións, cómpre afastarse da contaminación lumínica das cidades e situarse en lugares elevados onde haxa un bo campo de visión.

Fecha Brillo Inicio Punto más alto Fin Tipo
(mag) Hora Alt. Az. Hora Alt. Az. Hora Alt. Az.
20 Mar -1.9 21:15:27 10° SSW 21:16:47 20° S 21:16:47 20° S visible
21 Mar -2.1 20:25:16 10° S 20:27:33 18° SE 20:28:54 14° ESE visible
21 Mar -1.4 22:00:33 10° WSW 22:01:42 20° WSW 22:01:42 20° WSW visible
22 Mar -4.0 21:09:31 10° SW 21:12:48 75° SE 21:13:34 48° ENE visible
23 Mar -3.3 20:18:42 10° SSW 20:21:50 41° SE 20:24:58 10° ENE visible
23 Mar -2.1 21:55:23 10° W 21:58:00 33° NW 21:58:00 33° NW visible
24 Mar -3.0 21:04:05 10° WSW 21:07:18 50° NNW 21:09:28 18° NE visible
24 Mar -0.3 22:41:49 10° WNW 22:42:14 12° NW 22:42:14 12° NW visible
25 Mar -3.7 20:12:55 10° WSW 20:16:12 83° NW 20:19:31 10° ENE visible
25 Mar -1.8 21:50:23 10° WNW 21:53:08 24° NNW 21:53:32 23° N visible
26 Mar -2.1 20:58:56 10° W 21:01:53 30° NNW 21:04:43 11° NE visible
26 Mar -0.6 22:36:40 10° NW 22:37:27 14° NW 22:37:27 14° NW visible
27 Mar -1.6 21:45:19 10° NW 21:47:51 20° N 21:48:32 19° NNE visible
28 Mar -1.6 20:53:53 10° WNW 20:56:32 22° N 20:59:12 10° NE visible
28 Mar -0.8 22:31:13 10° NW 22:32:17 16° NNW 22:32:17 16° NNW visible
29 Mar -1.7 21:40:01 10° NW 21:42:32 20° N 21:43:14 19° NNE visible

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro