O misterio do ADN de Jack o Destripador

A chave está nun mantón de Catherine Eddowes, unha das vítimas que se lle atribuíron a Jack o Destripador, o célebre e cruento asasino que viviu no Londres de finais do século XIX. Ata agora ninguén puido revelar a identidade deste asasino (ou asasinos, xa que non se descarta que fora cousa de varias persoas distintas). E un estudo xenético publicado no Journal of Forensic Sciences espertou de novo o interese. Nel, a partir da análise de restos de sangue e seme presente no mantón, volven apuntar cara a Aaron Kosminski, un barbeiro polaco que xa estaba entre os sospeitosos.

Os investigadores Jari Louhelainen e David Miller afirman que obtiveron restos de ADN mitocondrial no mantón no que é, nas súas palabras, “o estudo máis avanzado ata agora” sobre a identidade do Destripador. Pero as críticas non tardaron en chegar. Algúns expertos, como o xenetista Adam Rutherford, calificaron a investigación de Louhelainen e Miller como “ciencia terrible”. Porque hai moitas dúbidas de que o mantón de Catherine Eddowes estivera no lugar do crime, alén da posibilidade de que fose contaminado posteriormente con outras trazas de ADN.

Publicidade

Todo apunta, por tanto, a que o misterio sobre a identidade do Destripador perdurará, e é posible que nunca se saiba.

Para ler máis (en inglés): 

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da USC logra unha reacción química para construír bibliotecas de moléculas codificadas por ADN

O descubrimento liderado polo investigador do CiQUS Manuel Nappi pode ser clave na procura de fármacos

Un de cada doce homes con cancro de próstata de alto risco ten alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Un equipo de Santiago publica un estudo co que avanza na comprensión da enfermidade e cara a unha medicina máis personalizada

O proxecto Xenoma Galicia detecta 42 persoas con variantes xenéticas de risco

O programa pioneiro de cribado xenético analiza 2.504 mostras e acada unha taxa de positividade do 1,7% para enfermidades hereditarias graves

Un estudo da UDC reconstrúe a evolución do lince europeo coa análise de ADN e proteínas antigas

A investigación analizará tres especies de lince do suroeste de Europa para reconstruír as súas relacións evolutivas e as hibridacións entre elas