O balance de febreiro: moi seco e calor de récord

O avance meteorolóxico da Axencia Estatal de Meteoroloxía expón que as temperaturas estiveron 1,5ºC por riba do habitual para o mes

Xa o adiantaban os rexistros de récord que se superaron durante varios días de febreiro en Galicia. E os primeiros balances meteorolóxicos do mes pasado refrendan a situación: o avance meteorolóxico da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) para Galicia, feito público este luns, expón que foi un mes moi seco e moi cálido (o 2º máis cálido do século, só superado polo febreiro de 2008, nas estacións da Coruña, Pontevedra e os aeroportos de Santiago e Vigo), cunha temperatura de 1,5ºC por riba do normal.

Así, as xornadas nas que se acadaron temperaturas moi altas para esta época do ano, con máis de 25ºC, supuxeron máximos históricos en Ourense, Pontevedra ou o aeroporto de Alvedro, e chegaron a marcarse 26,1 ºC en Ribadavia e 26ºC en Monforte. Atendendo á rede de MeteoGalicia, os termómetros chegaron a marcar 27,9ºC e foron notables os datos de Remuíño-A Arnoia (27,5), Pontevedra-Campolongo (26,6), Areas (26,5) ou Lourenzá (26,3).

Publicidade

En canto ás precipitacións, gran parte de Galicia nin sequera chegou ao 50% das chuvias normais do mes (sobre todo no sur e na zona central). As chuvias concentráronse, sobre todo, nos 10 primeiros días e entre o 17 e o 19, e as cantidades máis importantes chegaron o día 1, coa borrasca Helena; destacan ese día os 42 litros acumulados en Cervantes e Beariz.

Tamén con Helena chegaron os refachos máis fortes de vento. Foron 136 Km/h rexistrados en Fisterra, 113 en Cabo Vilán, 94 na Coruña, 91 en Vilagarcía e 82 en Ribadeo e Pontevedra.

Publicidade

As temperaturas mínimas absolutas caeron ata os -5,2ºC en Xinzo de Limia, onde en xaneiro se deron durante varios días algúns dos valores máis baixos da Península.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

Do 100% ao 36% nun trienio: a “preocupante” evolución da seca nos encoros galegos

A serie histórica de Eiras vai en liña coa situación de Cecebre, que marca o seu mínimo dos últimos 15 anos tras reducir case á metade as súas reservas

A calor dispara a contaminación por ozono en Galicia ao seu nivel máis alto dende 2019

Un informe anual de Ecoloxistas en Acción alerta de episodios que superaron o limiar de información en Vigo e As Pontes

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica