Galicia, en garda ante o primeiro aviso vermello do inverno con Helena

MeteoGalicia e a Aemet activaron xa o máximo nivel na costa occidental por ondas de ata 10 metros, ademais de fortes ventos, chuvia e neve

Esta fin de semana Galicia vivirá un inverno dos de verdade. Grandes ondas no mar, refachos de máis de 100 quilómetros por hora, fortes chuvias e acumulacións de neve nas zonas máis altas. A borrasca Helena, xa bautizada pola Aemet despois do rápido paso de Gabriel. Este mesmo xoves, debido ás fortes precipitacións, a Xunta activou xa a alerta laranxa por precipitacións acumuladas de máis de 100 l/metro cadrado en 12 horas no interior de Pontevedra. Aínda que nas últimas horas do día haberá unha breve mellora, pola noite entrará Helena desde o norte e deixará aire frío nas capas altas da atmosfera.

Haberá por tanto inestabilidade con chuvias xeneralizadas, que mesmo poderían xerar lóstregos e sarabiadas. Pero o episodio máis intenso estará no litoral entre A Guarda e Estaca de Bares, onde tanto MeteoGalicia como a Aemet activaron xa o aviso vermello por ondas que poderían acadar nalgúns puntos os 10 metros. Entre Bares e Ribadeo o aviso será de nivel laranxa. E tamén hai que ter moito ollo co vento no mar, de forza 7 a 8, que irá mudando de suroeste a noroeste.

Publicidade

20 centímetros de neve

Mais o impacto de Helena non será só na costa. En cotas relativamente baixas (800 metros) do interior de Pontevedra e o sur de Ourense poderían acumularse cinco centímetros de neve, polo que se activou o aviso laranxa nestas zonas. E na montaña de Lugo e Ourense os acumulados poderían ser de 20 centímetros durante o venres. E podería chegar a nevar a 600 metros no resto de Galicia.

O aviso laranxa activarase tamén no norte das provincias de Lugo e A Coruña por refachos superiores a 100 quilómetros por hora. E no resto das zonas de Galicia haberá nivel amarelo por ventos de ata 80 km/h.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro