Hai un panel solar na Coruña que estivo co Hubble no espazo

A Casa das Ciencias expón un dos aparellos que usou o telescopio espacial para xerar electricidade nunha das súas primeiras expedicións

Desde o seu lanzamento, en 1990, o Hubble é un dos aparellos que máis nos está contando sobre como é o Universo. O seu telescopio retratou causas que nós xamais poderiamos ver: galaxias a milleiros de anos luz, os iicónicos Piares da Creación ou os posibles sistemas planetarios formándose na nebulosa de Orión. Por sorte, os seus recordos non se perderán como bágoas na chuvia, xa que todos os días envía cara a Terra numerosas imaxes do que vai vendo, e todo queda ben rexistrado e almacenado.

Para que o Hubble funcione, son precisos uns prodixiosos sistemas que xeran a enerxía precisa para que o telescopio e os seus dispositivos funcionen correctamente. Dous enormes paneis, de máis de 2×7 metros de superficie, recollen os raios do sol para transformalos en electricidade. Entón, como puido chegar un panel solar á Coruña?

Publicidade

Hubble foi un antes e un despois na exploración do espazo. Un proxecto que custou arredor de 1.600 millóns de dólares, e no que uniron forzas a NASA e a Axencia Espacial Europea. Para poder subsanar posibles contratempos, foi deseñado coa posibilidade de que unha misión de astronautas puidera viaxar ata el e, xa no espazo, reparar os problemas que puideran xurdir.

O panel solar

E así foi. Pouco despois do seu lanzamento, as imaxes de Hubble comezaron a chegar con borranchos. Ata alí viaxou unha misión especial en 1993 para arranxar o problema, causado por un minúsculo problema na lente, pero que causaba notables aberracións na captura de imaxes moi afastadas. E unha vez solucionado o problema, Hubble seguiu funcionando. Houbo máis viaxes de mantemento, a última delas, en 2009.

Publicidade

Antes e despois da corrección das lentes do Hubble. Fonte: nasa.gov.
Antes e despois da corrección das lentes do Hubble. Fonte: nasa.gov.

Nestas reparacións, os astronautas foron substituíndo diversas pezas, entre as que estaban os paneis solares. O que podemos ver na Casa das Ciencias da Coruña estivo nove anos no espazo, a uns 570 quilómetros de altura e dando unha volta á Terra cada 96 minutos. É unha peza que forma parte da exposición “A astronomía como cha contan”, que recolle tamén outras xoias como o fósil dun hadrosauro.

Hubble está chegando ao final da súa vida. Xa deu moito de si, e a tecnoloxía xa permite desenvolver aparellos aínda máis potentes e precisos. Actualmente, as a axencias espaciais traballan no James Webb, cuxo lanzamento está previsto, en principio, para 2021, e en cuxo desenvolvemento ocupa unha importante responsabilidade a galega Begoña Vila.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cales son os mellores puntos para observar a eclipse de Sol na Coruña? Coñéceos neste novo visor

Trátase dunha ferramenta pública con 46 localizacións recomendadas para planificar mellor a experiencia astronómica do 12 de agosto

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Activada a alerta vermella na costa da Coruña por ondas de máis de oito metros

Meteogalicia acende o máximo aviso para o mércores, o laranxa para o resto do litoral e o amarelo en terra por abundantes precipitacións

Activada a alerta vermella na costa da Coruña por ondas de ata 9 metros

O aviso por perigo extraordinario da AEMET estará vixente durante mércores e xoves, con forte mar de fondo e ventos intensos