Activada a alerta vermella na costa da Coruña por ondas de máis de oito metros

Meteogalicia acende o máximo aviso para o mércores, o laranxa para o resto do litoral e o amarelo en terra por abundantes precipitacións

A semana comeza en Galicia cun novo temporal de chuvia e vento, tanto en terra como no mar. O prato forte agárdase o mércores, cando empeore a situación meteorolóxica e se activen varios avisos ao longo do territorio. Sen ir máis lonxe, a máxima alerta está marcada para o litoral noroeste da Coruña e para a Costa da Morte nas últimas horas do mércores por ondas que poderán superar os oito metros. O resto do litoral estará en aviso laranxa por vento e ondas. Segundo indica a última actualización do boletín de avisos de Meteogalicia, a alerta amarela estará acendida o mércores en todo o territorio galego por abundantes acumulados de precipitación. Os concellos da Mariña lucense estarán en laranxa por refachos superiores aos 100 km/h.

Sen grandes cambios

A responsable desta situación será unha borrasca situada ao norte de Galicia cunha forte circulación do suroeste que deixará moita chuvia, sobre todo na fachada atlántica. Malia que o mércores vai ser o día con maior número de alertas activadas no curto prazo, o martes tamén será unha xornada na que convirá extremar as precaucións. Entrará unha fronte especialmente activa pola mañá que activará os avisos laranxas en toda a costa agás na Mariña lucense, en amarelo. Tamén estará acendido en terra na provincia de Pontevedra, no sur de Ourense e no interior e oeste da Coruña por chuvia abundante.

Publicidade

Non está previsto que amainen as precipitacións a curto prazo. O xoves Galicia estará aínda baixo a influencia das baixas presións situadas en Irlanda, polo que haberá unha elevada probabilidade de chuvia, sobre todo pola tarde. O escenario está previsto que se repita o venres, con circulación de suroeste e precipitación abundante na maior parte de Galicia. Os modelos debuxan unha breve tregua o sábado, mais só duraría unhas horas. Está previsto que as frontes volvan entrar pola fachada atlántica o domingo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona