A astrofísica viguesa Begoña Vila. Imaxe: NASA.
A astrofísica viguesa Begoña Vila. Imaxe: NASA.

A astrofísica galega Begoña Vila acada o premio Maria Wonenburger

A astrofísica viguesa Begoña Vila Costa recibirá este ano o premio Wonenburger, unha distinción que busca destacar o talento feminino en ámbitos relacionados coa ciencia. Vila Costa é astrofísica especializada no estudo de galaxias espirais. Reside nos Estados Unidos, onde traballa para a NASA. A científica é unha das principais responsables do telescopio espacial James Webb que substituirá ao Hubble, e lidera un equipo de máis dun milleiro de persoas cun orzamento de 9.500 millóns de euros.

O galardón será entregado no mes de novembro. O premio María Josefa Wonenburger creouse para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos ámbitos das ciencias e da tecnoloxía. Nas pasadas edicións recibiron o galardón Peregrina Quintela, Tarsy Carvallas, Carmen García Mateo e Ofelia Rey, entre outras.

Aquí podes ver a entrevista con Begoña Vila publicada en GCiencia no 2016

ciencia/a-nasa-premia-os-logros-excepcionais-dunha-enxeneira-galega/

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.