Chega Gabriel, a primeira cicloxénese de 2019

Non tocará de cheo Galicia, pero a forza de Gabriel deixarase notar aínda que vaia máis cara ao norte. A primeira borrasca importante de 2019, bautizada xa pola axencia Méteo France, diríxese cara a a costa Atlántica francesa con previsións de deixar ventos de máis de 130 km/h. E MeteoGalicia xa avisou este luns de que se notará a súa presenza cpn “ventos fortes na costa norte e zonas altas e unha mala situación no mar, especialmente na Mariña de Lugo”.

Gabriel é o nome dunha borrasca que se achega ao Cantábrico e que, segundo avisou a AEMET española, “sufrirá un proceso de cicloxénese explosiva na súa aproximación ao continente”. O feito de dar nome a estes fenómenos sae dun acordo entre as axencias meteorolóxicas do suroeste europeo para cando se produzan avisos de vento de nivel laranxa ou vermello, é dicir, no caso español e galego, superiores a  90, 100 e 110 Km/h dependendo das zonas. Este ano, despois de temporais como Diana ou Beatriz, os próximos en vir, se aparecen as condicíons, serían Helena, Isaias, Julia, Kyllian e Laura.

Publicidade

Este luns, subliña a axencia, Gabriel “situábase sobre o Atlántico con 1020 hPa no centro, e o martes “é moi probable” que cara ao mediodía estea xa na costa francesa con 990 hPA, “é dicir, cunha profundización de 30hPA en 24 horas, polo que se cataloga como proceso de cicloxénese explosiva”. Engade a Aemet que aínda se profundizará uns  4/6 hPa máis ao entrar en terra antes de debilitarse.

Desde a Aemet apuntan tamén que, aínda que o paso de Gabriel polo Cantábrico será rápido, o vento será moi forte no litoral norte peninsular e zonas montañosas, con ata 120 km/h.

Publicidade

Aviso laranxa e amarelo por Gabriel

Así, MeteoGalicia activou o aviso laranxa para a mañá do martes na Mariña lucense por vento no mar de forza 8. O aviso será amarelo no resto de litoral norte, entre Bares e Corrubedo, por vento no mar de forza 7-8 e ondas de 4-5 metros. Ademais, nas comarcas do noroeste da Coruña e Lugo e na montaña desta provincia e Ourense, o aviso pola presenza de Gabriel será tamén amarelo por ventos de máis de 80 km/h.

Unha vez pase a borrasca Gabriel, o aviso laranxa volverá activarse en Galicia pola chegada dunha nova borrasca que deixará ondas de 5-6 metros entre Corrubedo e Ribadeo, e de 4 a 5 no litoral sur (nivel amarelo). Nas comarcas costeiras do oeste da Coruña e en toda provincia de Pontevedra activarase tamén o aviso amarelo por precipitacións de máis de 40 litros/metro cadrado en 12 horas.

Acumulado de chuvia de cara ao xoves, despois do paso de Gabriel e outra borrasca por Galicia. Fonte: MeteoGalicia.
Acumulado de chuvia de cara ao xoves, despois do paso de Gabriel e outra borrasca por Galicia. Fonte: MeteoGalicia.

Alén do episodio máis inmediato, a semana promete deixar precipitacións abundantes, tal e como se pode ver nos modelos de previsión de MeteoGalicia baseados no modelo do ECMWF (Centro Europeo de Previsións Meteorolóxicas a Prazo Medio). Así, cara ao xoves e venres poderían continuar as chuvias intensas, acompañadas de fortes ventos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro