A borrasca Beatriz regresa sobre Galicia con novas alertas

A borrasca Beatriz non pasou. Quedou estable ao oeste de Irlanda e este xoves volverá á carga sobre Galicia, onde Meteogalicia activou novas alertas laranxas e amarelas por choivas intensas e fortes ventos.

O primeiro paso de Beatriz, durante a xornada do martes e madrugada do mércores, deixou en Viveiro, na costa de Lugo, refachos de vento de ata 140 quilómetros por hora, e en Cedeira superáronse os 130. De madrugada a situación mellorou, pero aínda así se superaron o 110 km/ h en Punta Candieira.

Publicidade

Alertas para o xoves.
Alertas para o xoves.

No mar a situación foi moi desapracible. Suspendeuse a conexión por barco entre Vigo e Cangas e a forza do océano deixou as habituais estampas das ondas rompendo con forza en localidades moi expostas como Malpica ou Caión. En canto a choiva, a zona máis afectada foi o Eixo Atlántico. En localidades como Lousame, Santa Comba ou Val do Dubra acumuláronse máis de 100 litros por metro cadrado ao longo do día.

Pero Beatriz non marchou. A borrasca volve este xoves con forza sobre Galicia. Meteogalicia xa activou as alertas. Está previsto un aviso laranxa en todo o litoral galego por ondas de entre 5 e 6 metros. A alerta será amarela por intensas precipitacións entre as seis e as nove da mañá no suroeste da Coruña e o litoral de Pontevedra. O vento será protagonista entre as seis e as doce da mañá. Espéranse fortes refachos de vento nas dúas provincias atlánticas e na Mariña, con refachos que poderían roldar os 70-80 quilómetros por hora.

Publicidade

O tempo continuará problemático o venres e durante a fin de semana, coa entrada de novas frontes que deixarán auga e vento sobre Galicia.

Aquí podes consultar

As alertas pola borrasca Beatriz para este xoves

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual