A borrasca Diana culmina o novembro que empapou Galicia

Desde o mediodía do martes, Galicia afronta un novo temporal, que levará o nome de Diana, segundo o criterio adoptado o ano pasado polas axencias meteorolóxicas de Francia, España e Portugal para ‘bautizar’ ás borrascas que superen os 90-100 km/h. Diana, aínda que apenas pasará rozando a Península no seu camiño cara a Irlanda, fixo que MeteoGalicia activase xa o aviso amarelo desde as 12 do mediodía por ondas de 4 a 5 metros e ventos de forza 7 en todo o litoral galego, así como un aviso amarelo en terra, nos municipios costeiros do norte da Coruña e Lugo (entre Laxe e Ribadeo), por refachos superiores a 80 quilómetros hora.

Diana colle forza o mércores

Porén, o peor da borrasca Diana chegará a partir das 15 horas do mércores, con aviso laranxa en toda a costa por ventos de forza 8 e ondas de 5 a 6 metros. En terra, todas as comarcas costeiras de Fisterra a Ribadeo recibirán refachos de máis de 80 quilómetros por hora.

Publicidade

Varias estacións recolleron máis de 500 litros/metro cadrado no que vai de mes

Desde MeteoGalicia sinalan que a borrasca Diana “irase movendo este martes en diagonal dende o norte dos Azores ata Irlanda, onde chegará o mércores ao mediodía. En Galicia notaremos aumento do vento a partir da tarde do martes. A máxima afectación por vento, ondas e chuvia agárdamola na noite do mércores e na madrugada do xoves”.

Un novembro moi chuvioso

Aínda que a forza de Diana notarase sobre todo no vento e nas ondas no litoral, a borrasca traerá consigo precipitacións que se sumarán a unhas cifras moi notables ao longo do mes de novembro. Así, dos 27 días que van de mes, a maioría das estacións de MeteoGalicia rexistraron 19 ou máis xornadas de chuvia. 

Publicidade

Do mesmo xeito, as chuvias superaron os 400 litros por metro cadrado en moitas estacións, como recollen os mesmos datos neste gráfico:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro