A mellor defensa é unha boa organización, tamén na selección natural

É un dito frecuente, no deporte e noutros aspectos da vida: a mellor defensa é unha boa organización. E acábano de demostrar tamén investigadores da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e do Centro Universitario de Defensa de Zaragoza. O traballo dirixido por Fernando Alcalde, no que tamén participaron Pablo González Sequeiros e Álvaro Lozano Rojo, estudou se a estrutura dun organismo podía reverter o proceso habitual no que, comparado cun organismo homoxéneo ou carente de estrutura, a probabilidade de que un patóxeno se estenda por todo ese organismo se amplifica a medida que aumenta a virulencia do ataque.

Os resultados da investigación responden afirmativamente a esta interrogante. E demostran matematicamente que a probabilidade de que o efecto da selección natural na extensión dun hipotético patóxeno pode verse reducido en función da estrutura adoptada polo organismo.

Publicidade

Os autores demostran como a defensa dos organismos mellora se dispoñen de estruturas axeitadas

Con anterioridade a este novo achado, do que agora dá conta a revista PLOS ONE no artigo Evolutionary regime transitions in strutured populations,  o equipo partía de traballos previos nos que descobren a existencia de arquitecturas (deseños) que reducen a probabilidade de invasión dunha rede fronte ao ataque de patóxenos, así como sobre a complexidade de cableado en redes biolóxicas e tecnolóxicas.

En modelos simples, o equipo de matemáticos mostra neste novo traballo en PLOS ONE a posibilidade de transicións múltiples entre os fenómenos de amplificación e redución da selección natural seguindo patróns moi particulares. Os mesmos investigadores xa apuntan que agora “o reto é identificar os mecanismos estruturais que favorecen este tipo de robustez fronte á invasión, tanto en modelos simples como en redes neuronais e cerebrais de distintas especies”.

Publicidade

Os autores deste novo traballo intégranse como equipo no grupo interuniversitario ECSING e no grupo interdepartamental BIOMAT Data Analysis da USC que coordina o profesor Antonio Gómez Tato. Creado recentemente, BIOMAT céntrase na investigación en Biomatemáticas e na análise de datos xenéticos e xenómicos. O proxecto conta co financiamento da Axencia Estatal de Investigación e a Xunta de Galicia a través do seu programa de axudas de consolidación para grupos con potencial de crecemento. Tamén colaboran o goberno de Aragón e o Centro Universitario da Defensa de Zaragoza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

Matemáticos de Santiago e Lausana resolven un problema de xeometría aberto dende hai 60 anos

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos

Por que algúns nenos teñen problemas coas matemáticas?

Investigadores detectan que certas habilidades cognitivas e de planificación inflúen no rendimiento académico infantil