Santiago acollerá o 1º congreso internacional de transferencia entre Matemáticas e industria

A primeira edición da Conference on Transfer between Mathematics & Industry (CTMI 2019) celebrarase o vindeiro mes de xullo na Facultade de Matemáticas da USC. Colaboran na súa organización o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Rede Española para Matemáticas e Industria (math-in), coa colaboración do European Service Network of Mathematics for Industry and Innovation (EU-MATHS-IN).

CTMI 2019 procura a promoción e difusión de ferramentas matemáticas tales como a estatística, o Big Data, MSO (Modelado, Simulación e Optimización) e as súas aplicacións industriais, así como a promoción de novas liñas de investigación orientadas ás necesidades da industria e da sociedade en xeral, a renovación dos plans de estudo neste eido e en todos os niveis educativos. Neste senso, este encontro internacional agarda reforzar a interacción entre a academia e a industria coa conseguinte innovación en ambos os dous campos e, en opinión dos seus promotores, está chamado a converterse nun dos principais foros de presentación de avances significativos en materia de matemáticas industriais.

Publicidade

Para participar no CTMI 2019 na sección de Comunicacións e na de pósteres de casos de éxito, as achegas deberán enviarse a través da web no enlaces habilitados Communications ou Success stories posters . Este congreso internacional é ademais un evento satélite do International Congress on Industrial and Applied Mathematics (ICIAM) a celebrar unha semana antes en Valencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

Matemáticos de Santiago e Lausana resolven un problema de xeometría aberto dende hai 60 anos

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos

Como xerar máis electricidade coa calor residual da industria? Así o fan dende Ferrol

Persoal investigador do CITENI da UDC mellora o rendemento dos ciclos Rankine orgánicos mediante un algoritmo inspirado nos enxames de abellas