Beta Implants recibe o premio ViaGalicia 2019

A empresa nacida ao abeiro da aceleradora da Zona Franca e a Axencia Galega de Innovación deseña e elabora implantes para animais

A empresa Beta Implants, de Salvaterra do Miño, nacido ao abeiro da terceira aceleración de ViaGalicia, recibiu o galardón que entrega por primeira vez a aceleradora que impulsan o consorcio da Zona Franca de Vigo e a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia. Beta Implants está dedicada ao deseño e produción a medida de implantes, próteses e biomateriais para animais.

A directora xeral da empresa, Bibiana Rodiño, recibiu o galardón, dotado con 150.000 euros de financiamento procedentes de XesGalicia e Vigo Activo, de mans do delegado de Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, e a directora de GAIN, Patricia Argerey.

Publicidade

O comité técnico que seleccionou a Beta Implants entre máis de medio cento de proxectos presentados, recoñeceu a evolución do modelo de negocio da empresa, baseado no I+D+i, desde a súa participación en ViaGalicia, a súa consolidación no mercado, o valor engadido e a innovación que achega ao sector, ademais da creación de emprego de calidade, cualificado e indefinido.

Durante o acto de entrega, celebrado a pasada semana na sede da Zona Franca en Nigrán, David Regades subliñou que “Beta Implants é o exemplo perfecto de empresa produtiva que ViaGalicia quere seguir apoiando: proxectos innovadores, capaces de crear emprego para Galicia e de manterse no tempo a través de modelos de negocio sólidos”.

Publicidade

Pola súa banda, Patricia Argerey remarcou a proposta innovadora da empresa gañadora, así como as do resto de empresas participantes na última edición de ViaGalicia, a quinta, xa que “contribúen a mellorar a calidade de vida da cidadanía galega”.

Investors Day

A entrega do premio a Beta Implants celebrouse no marco do Investors Day, unha xornada na que os proxectos que terminan agora a súa fase de aceleración en ViaGalicia se encontraron cun cento de inversores para coñecer as oportunidades de negocio e investimento ás que se poden adscribir.

O encontro deu a oportunidade ás start-ups para captar novos socios a través de presentacións breves e áxiles, explicando os mercados aos que se dirixen ou os seus plans de crecemento, que foron debullados polos inversores para aclarar posibles dúbidas.

Nestes cinco anos, ViaGalicia facilitou a creación de máis de 60 empresas, das cales o 80% seguen activas, xerando máis de 240 novos empregos cualificados (o 83% indefinidos) e cinco millóns de euros de facturación, captando 19 millóns de euros de financiamento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A biotecnoloxía galega lanza a súa ofensiva en BioSpain para captar investimento

A feira que se celebra en Barcelona estima bater o récord da última edición, que contou con case 1.000 empresas e máis de 2.200 profesionais

Galicia impulsa unha nova era dixital coa combinación de ‘edge computing’ e 5G

Investigadores da Universidade de Vigo están a desenvolver edgeContinuum, unha plataforma pioneira, financiada a través do programa Ignicia da Xunta de Galicia, para optimizar custos e mellorar o control sobre os datos

Proxecto GOTIS: así é o fármaco galego que pode reducir as lesións do ictus isquémico

Un equipo do IDIS, apoiado polo plan Ignicia da Xunta, entra na fase preclínica para protexer ás neuronas dunha posible obstrución

MytUniSex impulsa as liñas unisex que marcarán o futuro do mexillón galego

O proxecto da Universidade de Vigo, beneficiario do programa Ignicia da Xunta, permite producir semente en laboratorio e escoller exemplares máis atractivos para o mercado a través da selección xenética natural