Un estudo con 650.000 nenos confirma a evidencia: as vacinas non causan autismo

Unha investigación a escala nacional realizada en Dinamarca desbota de novo o bulo sobre a suposta relación do TEA coa inmunización

Científicos de Dinamarca decidiron abordar a gran escala, con datos, a falacia da relación entre as vacinas e autismo que se remonta a finais do século XX. Tomaron datos de 657.461 nados no país entre 1999 e 2010. Detectaron, entre eles, 6.517 casos de trastornos do espectro autista (TEA). E ningunha relación entre esta patoloxía e a coñecida como vacina triple vírica (contra o sarampelo, as papeiras e a rubéola).

Os investigadores daneses tiveron en conta os factores coñecidos de risco do TEA e modeláronos en conexión coa vacina triple vírica nos máis de 650.000 nenos e nenas estudados. E as conclusións do artigo son claras: “O estudo apoia claramente que a triple vírica non incrementa o risco de autismo, non provoca autismo nos nenos susceptibles de padecelo, e non está asociada coa aparición de casos de autismo despois da vacinación”.

Publicidade

Os autores expoñen, ademais, que este traballo “se suma aos estudos previos cun maior poder estatístico, e aborda hipóteses de subgrupos susceptibles e agrupamento de casos”. O traballo, publicado en Annals of Internal Medicine, é un dos maiores estudos realizados ata o de agora para investigar a fondo a suposta relación entre a inmunización e o TEA.

A orixe da relación das vacinas co autismo

Unha idea que xorde, segundo lembraba a GCiencia Vicente Prieto, do Círculo Escéptico, a raíz dun artigo fraudulento publicado en 1998 en The Lancet por un médico chamado Andrew Wakefield, no que relacionaba a vacina triple vírica co autismo.

Publicidade

A revista retirou o artigo anos despois por numerosas irregularidades e porque se demostrou que Wakefield tiña un gran negocio montado sobre o asunto, pero o dano xa estaba feito. En Europa, sobre todo no Reino Unido, baixou o índice de vacinación e aumentaron os casos de enfermidades como o sarampelo, do mesmo xeito que nos Estados Unidos, onde a súa idea foi secundada por famosos como Jim Carrey.

Os problemas emerxentes cos movementos antivacinas están causando preocupación en Europa. A Unión bateu recentemente os récords de contaxios de sarampelo nos últimos 10 anos, e varios abrochos en Portugal preocuparon á cidadanía en Galicia. Neste sentido, a Xunta adiantou a semana pasada a posibilidade de non matricular nas escolas infantís aos nenos que non tiveran ao día o seu calendario de inmunización.

Con todo, as dúbidas sobre as vacinas teñen amplo seguimento nas redes sociais, con figuras como Josep Pámies ou Xavier Uriarte, e mesmo no Parlamento Europeo, coas polémicas intervencións da eurodeputada Lidia Senra.

ReferenciaMeasles, Mumps, Rubella Vaccination and AutismA Nationwide Cohort Study (Publicado en Annals of Internal Medicine o 5 de febreiro de 2019).

2 COMENTÁRIOS

  1. Haber super científicos manipuladores. Os hunza viven de promedió 120anos. Cachemira india sin vacinas nin fármacos. Como faran. Os fármacos as vacunas e os tóxicos da comida dañan as mitocondrias das células. Deixade de manipular o ganado. A o glifisato produce cancer

  2. Haber super científicos manipuladores. Os hunza viven de promedió 120anos. Cachemira india sin vacinas nin fármacos. Como faran. Os fármacos as vacunas e os tóxicos da comida dañan as mitocondrias das células. Deixade de manipular o ganado. A o glifisato produce cancer

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

Ética científica

O debate está servido tras a retirada do artigo de Barbacid sobre o cancro de páncreas. Por Laura Filloy
01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra

GCiencia lanza unha nova edición do ciclo de charlas ‘Ciencia en feminino’

O programa en colaboración coa Deputación de Pontevedra arrinca o mércores 4 coa entrevista da inmunóloga África González