A calor volveu ser protagonista este martes, con máximas por riba de 20ºC en case toda Galicia. Fonte: AEMET.
A calor volveu ser protagonista este martes, con máximas por riba de 20ºC en case toda Galicia. Fonte: AEMET.

O aeroporto da Coruña bate o récord de calor en febreiro

Leiro rexistrou a temperatura máis alta, con 27,ºC nunha nova xornada de temperaturas extraordinarias para esta época do ano

Se o domingo e o luns foi a estación de Ourense da Aemet a que bateu dúas veces consecutivas o seu récord de temperatura en febreiro, este martes foi o aeroporto da Coruña o que rexistrou un novo máximo de calor nunca acadado antes neste mes: ás 15.30 da tarde, o termómetro rexistrou 24,3ºC, superando os 23,4ºC do 22 de febreiro de 1990. É a temperatura máis alta desde polo menos 1971, desde cando teñen validez as variables da estación de Alvedro. No centro da cidade non se superou porque a estación da Agra do Orzán, con datos desde 1931, marcou 27,4ºC o 28 de febreiro de 1960. Hoxe quedou en 24,2ºC.

Noutras dúas estacións igualáronse os máximos históricos. Só outra vez houbo tanta calor en febreiro. No aeródromo de Rozas, en Lugo, igualouse o rexistro máximo desde 1985. Hoxe houbo 23,8ºC en Rozas, a mesma temperatura que marcou o termómetro o 23 de febreiro de 1990. E en Pontevedra houbo 23,4ºC, o mesmo valor que o 27 de febreiro de 1997.

E se onte foi Galicia a que estivo á par de Canarias no calor, hoxe houbo dúas estacións de Cantabria e Euskadi as que marcaron o rexistro máis alto do territorio español: foron as dos aeroportos de San Sebastián (27,1º) e Santander (26,9ºC).

A rede de MeteoGalicia marcou valores aínda máis elevados cós da Aemet no conxunto de España. Así, Leiro tivo o máximo de Galicia, con 27,9ºC, seguida de Remuíño-A Arnoia (27,5), Pontevedra-Campolongo (26,6), Areas (26,5), Lourenzá (26,3).

Por que tanta calor?

Desde MeteoGalicia, co gallo das altas temperaturas do Luns, Ana Lage explicaba as cousas desta situación anómala. “Se tiveramos as mesmas condicións en xaneiro, non se ía chegar a estes valores, pero ao medraren os días, a calor permanece máis tempo”. A causa hai que buscala tamén no meandro da corrente en chorro, que cae na súa parte máis fría cara as Azores, pero que se eleva na lonxitude de Galicia ata os países nórdicos, “bastante por riba de Escocia”, e trae a Galicia ventos do sur.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.