Arredor de 10 incendios activos en Galicia

A maioría deles producíronse na provincia de Ourense, mentres que outro lume obrigou a cortar a estrada EP-7001 entre A Estrada e Forcarei

Arredor dunha decena de incendios afectaron no serán e a noite do martes e o mércores diversos puntos de Galicia. Segundo diversas fontes de Medio Rural, axentes forestais e servizos de emerxencia a maioría deles permanecían activos na medianoite do martes.

Segundo os lumes dos que informou Medio Rural, ás 14.50 comezou un lume no concello ourensán da Mezquita, na parroquia de Castromil, que foi extinguido sobre as 20 horas despois de afectar a unhas 27,7 hectáreas. Ás 23 horas quedou sufocado tamén o incendio no Carballiño, na parroquia, que se iniciara ás 16 h. e que acabou queimando 23 hectáreas.

Publicidade

Ás 22.30 da noite declaráronse dous lumes na Gudiña, en zonas de difícil acceso nas parroquias do Tameirón e Pentes. O primeiro deles apagouse pouco despois das 23 horas tras calcinar 9 hectáreas, pero o outro seguía activo.

Mais ao caer a noite, desde varias fontes comezaron a sucederse avisos de lumes en lugares como Calvos de Randín, Vilariño de Conso, Chandrexa de Queixa ou Forcarei. Este último lume obrigou a cortar a vía EP-7001 que une esta localidade coa Estrada.

Publicidade

É a segunda vaga de lumes de importancia en Galicia no que vai de ano, despois de que máis de 500 hectáreas quedasen calcinadas nas primeiras semanas de xaneiro. As altas temperaturas destes días e a falta de precipitacións puideron contribuír á propagación destes incendios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro

Científicos galegos e arxentinos desvelan o potencial do cacho de gambón para protexer a retina

Un estudo desenvolve nanopartículas antioxidantes derivadas de residuos pesqueiros con resultados prometedores en probas in vitro