Venres 19 Abril 2024

A neve cubre os Ancares tras o paso das borrascas Helena e Gabriel

Este vídeo gravado na estrada do Piornedo amosa a intensidade da nevarada caída na montaña de Lugo

A neve cubre as montañas de Lugo tras do paso esta semana das borrascas Gabriel e Helena. As folerpas caeron tamén en outros puntos altos da comunidade, como na área do Deza. Mesmo na cidade de Lugo producíronse precipitacións en forma de neve en momentos puntuais da xornada do venres 1 de febreiro.

Tras do paso das dúas borrascas, o anticiclón regresa a Galicia, segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía e de Meteogalicia. Tamén desaparecen os avisos, que chegaron a alcanzar o nivel vermello na costa ao longo do pasado venres.

Publicidade

Neste vídeo divulgado polo Hotel Piornedo, nos Ancares, podemos ver o estado da estrada entre Campa da Braña e a aldea do Piornedo, totalmente cuberta de neve.

E así foi o mapa das precipitacións de neve ofrecido por Meteogalicia, onde se observa a intensidade das nevaradas na montaña lucense.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire subtropical elevará os termómetros en Galicia ata os 21 graos. Canto vai durar?

A partir do xoves agárdase a entrada de novas borrascas atlánticas que deixarán precipitacións no oeste da comunidade

Unha profunda borrasca atlántica azouta Galicia esta fin de semana con chuvia, vento e neve

O centro de baixas presións situado sobre Irlanda enviará unha fronte fría na madrugada do sábado

A borrasca deixa en Galicia ventos de 147 km/h e temperaturas xélidas

A fronte provocou máis de 240 incidencias nas últimas horas e 14 municipios están en alerta porque nove ríos poderían desbordar

Unha potente borrasca traerá chuvia abundante e desplome de temperaturas a partir do xoves

Galicia acadará os 22 graos entre luns e martes mentres que a fin de semana estará marcada por un "temporal invernal"