Destinos de Ciencia

Pazo de Mariñán: un verxel único sobre a ría de Betanzos

O xardín está integrado na Ruta das Camelias e conta con exemplares centenarios recollidos no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia

Estaca de Bares, paraíso ornitolóxico

O seu faro, a 101 metros sobre o nivel do mar, está en funcionamento desde 1850, é historia viva da navegación e hoxe é unha estación DGPS

O CSIC desvela os últimos segredos do ouro de Montefurado

A investigación analiza como o río era desviado só durante determinadas épocas do ano para obter o prezado metal

Machados: unha mostra da metalurxia da Idade do Bronce no Museo de Pontevedra

A exposición, que recolle 22 pezas arqueolóxicas, está promovida polo Incipit-CSIC e inaugúrase este xoves 26 no museo provincial

Atopan nos Ancares o dolmen megalítico a máis altura de Galicia

O monumento está situado nunha campa a 1.655 metros de altitude preto do cumio do Tres Bispos

MurCiencia: por que non facer o mesmo en todas as cidades?

O proxecto fai visible a ciencia detrás de edificios, xardíns, pontes e rúas da cidade de Murcia; unha idea que podería espallarse a outras urbes españolas

San Facundo de Ribas de Miño: o único cemiterio con todas as lápidas en galego

Situado no concello de Paradela, é un camposanto especial porque todos os seus rótulos funerarios están escritos na lingua de Rosalía

O monumental Ézaro espera á Volta contra o reloxo

A mole granítica do monte Pindo e a súa espectacular fervenza falan dun espectáculo xeolóxico que dará a volta ás pantallas de medio mundo

Atopan novos tramos de muralla e fosos no castelo da Rocha, en Santiago

O enclave, que foi alterado pola primeira vía do tren construída en Galicia, ten unha gran relevancia na historia da cidade compostelá

O Pazo de Mariñán convértese en destino Observer de turismo científico

Os seus xardíns, situados á beira da ría de Betanzos, destacan polas camelias e a presenza de árbores senlleiras

A historia do castelo de Pambre a través da leña que se queimou nel

Unha investigación analizou mostras de carbón na fortaleza de Palas de Rei, onde se observaron ata 17 especies distintas de plantas leñosas

Os neandertais na Cova de Eirós: un campamento duradeiro e con múltiples usos

As investigacións realizadas no verán constatan a actividade de caza e de fabricación de utensilios, cunha gran densidade de materiais líticos e óseos

Novos achados no castro das Barreiras: un gran vertedoiro e unha muralla en chanzos

Os traballos no xacemento de Vimianzo, dirixidos polo arqueólogo Tito Concheiro, amosan un enclave "con moita personalidade"

O gran mapa de Galicia de 1696 trazado en Módena por Giacomo Cantelli

Foi a derradeira obra na carreira do gran cartógrafo italiano, que faleceu tras rematar este espectacular traballo

Elba do Courel estrea rostro na ampliación do Museo Xeolóxico de Quiroga

Unha recreación da muller que viviu hai máis de 9.300 anos na serra e que foi atopada nunha sima en 1996 preside unha das salas

Comeza a busca do maior campamento romano da Gallaecia

O xacemento de Lomba do Mouro (Verea, Ourense e Melgaço, Portugal) ten un tamaño superior ás vinte hectáreas e podería acoller a dez mil lexionarios