Destinos de Ciencia

Cabo Touriñán, o faro do último solpor

O vello faro, que data de 1898, todavía segue en pé neste espectacular recanto da Costa da Morte

O punto exacto onde naceu Galicia e outros cinco destinos de turismo científico

Xeoloxía, astronomía, espeleoloxía, botánica... o territorio galego é un libro aberto para aprender sobre ciencia mentres viaxamos

O Pindo, do mar á Moa: un camiño cativador con recompensa

O ascenso á mole de granito, de máis de 600 metros de altura, desde o nivel do mar, amosa espazos de grande interese xeolóxico e biolóxico

Cabo Vilán: o monumental vixía da Costa da Morte

Visitamos o espectacular faro, o primeiro de España de luz eléctrica, que naceu dunha traxedia marítima

A USC participa un estudo sobre a innovación tecnolóxica en Atapuerca

O investigador Arturo de Lombera lidera un artigo que a analiza a evolución dos artefactos que acabaron dando pé á cultura neandertal

As terrazas do Baixo Miño, un libro aberto cun millón de anos de sedimentos

O científico Eduardo Méndez Quintas lidera un estudo publicado pola revista "Quaternary International" que analiza un espazo de gran relevancia prehistórica

Juan R. Silvar: “Queremos seguir vendo, 40 anos despois, a ilusión na faciana dos visitantes”

O biólogo e activista ambiental é un dos membros do equipo directivo do Museo de Historia Natural de Ferrol

Castelo de Portomeiro: unha luz á beira do Tambre entre Roma e o reino suevo

O grupo Síncrisis da USC escavará na primeira semana de xuño unha fortificación en Val do Dubra que pode ser clave nunha etapa descoñecida

Emerxe o campamento militar romano de Ciadella

Situado no municipio coruñés de Sobrado, esta unidade militar de infantería e cabalería dependía directamente da Lexio VII Gémina, establecida en León

Malpica dá os primeiros pasos para converterse nun destino de turismo astronómico

O concello bergantiñán pon en marcha un plan de impulso, asentado na baixa contaminación luminosa e as peculiaridades dos cabos de Nariga e Santo Hadrián

Valencia do Sil, un novo xacemento de referencia en Valdeorras

O proxecto Sputnik Labrego presenta a memoria do sitio, que apunta a unha ocupación de entre 150 e 200 persoas a mediados do século IV

Atopan en Esgos gravados rupestres prehistóricos con forma de mans

Os investigadores Natalia Figueiras e Jorge López Quiroga localizaron as obras no complexo de San Pedro de Rocas, que foi posteriormente cristianizado

Castro de Baroña: no confín do mar

Situado en Porto do Son, moi preto do Parque Natural de Corrubedo, é un espectacular asentamento con dous mil anos de historia

Canto sabes das montañas de Galicia?

Podes poñer a proba os teus coñecementos facendo o noso QUIZ

Atopan no río Sar unha virxe de pedra que podería datar do século XIV

Un pescador que camiñaba polo leito do río en Santiago de Compostela reparou na figura, que xa foi analizada por expertos

Dolmen de Axeitos: a alfaia da arte megalítica

Situado en Ribeira (A Coruña), está datado hai case seis mil anos e está considerado un dos mellor conservados da península Ibérica