Cabo Vilán: o monumental vixía da Costa da Morte

Visitamos o espectacular faro, o primeiro de España de luz eléctrica, que naceu dunha traxedia marítima

Poida que a sona mundial a leve o cabo Fisterra, o ‘Finisterrae’ onde os romanos pensaron que morría o Sol cada noite. E tamén é certo que o veciño cabo Touriñán estea de moda despois da investigación do científico galego Jorge Mira, quen determinou que alí se contempla, durante dúas tempadas cada ano, o derradeiro solpor da Europa continental. Pero se falamos de espectacularidade, dunha paisaxe abriante e dun faro monumental… daquela todo apunta a Cabo Vilán.

Asentado nuns cantís catalogados como Monumento Natural, este sinal marítimo érguese 125 metros sobre o nivel do mar, unido por un túnel ao antigo edificio para os fareiros. Vilán foi o primeiro faro de España dotado con luz eléctrica, que foi prendida por vez primeira o 15 de xaneiro de 1896.

Publicidade

A súa historia chegou por unha traxedia: a do navío inglés ‘Serpent‘, que afundiu moi preto destas rochas en 1890, deixando 172 mortos, a meirande parte deles mozos gardamariñas da Royal Navy, no que se convertiu nun drama que conmocionou ao Reino Unido. Aínda na actualidade, cada certo tempo, as autoridades británicas organizan actos de homenaxe no veciño Cemiterio dos Ingleses, onde repousan os infortunados rapaces que deixaron a súa vida neste recuncha da Costa da Morte.

A potente luz do faro de Cabo Vilán alcanza os 50 quilómetros, sendo difícil contar as vidas que este foco ten salvado. Abonda apuntar que, nos días de temporal, as ondas elévanse ata vinte metros e chega a alcanzar o propio faro.

Publicidade

Nos cantís onde se ergue, abunda a vida mariña, cunha gran cantidade de corvos mariños, araos, pardelas ou mascatos. Moitos deles habitan no illote coñecido como Vilán de Fóra.

O faro é visitable e, tras coñecelo, e pasear pola veciña poboación de Camariñas, convén aproveitar a ruta costeira que vai dende Arou a Camelle, por unha pista de terra onde aprezaremos algunhas das paisaxes máis espectaculares da costa galega.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla