Atopan no río Sar unha virxe de pedra que podería datar do século XIV

Un pescador que camiñaba polo leito do río en Santiago de Compostela reparou na figura, que xa foi analizada por expertos

A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) difundiu esta mañá nas redes sociais o achado dunha virxe gótica do século XIV no río Sar, ao seu paso por Santiago de Compostela. Fernando Brey Quintela, un pescador afeccionado que camiñaba polo leito do río, reparou nunha peza deitada entre pedras. Brey contactou, segundo explica a entidade, Brey contactou con Ana Paula Castro, experta en patrimonio cultural, para analizar a figura. Castro, directora da empresa Galantiqua Arte Antigüedades e taxadora de Alforo Peritos Tasadores, ditaminou “que se trataba dunha talla de pedra de granito, de vulto redondo, tallada en catro das súas cinco caras, que se presenta como unha virxe entronizada en cuxo colo suxeita un neno Xesús”.

Apatrigal consultou tamén con Juan Monterroso Montero, profesor de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, e Ramón Yzquierdo Perrín, catedrático de Historia da Arte da Universidade da Coruña, que apuntaron a que se trata dunha “virxe sedente co neno, ao que parece estar dando o peito”, unha obra gótica “cuxa cronoloxía pode situarse na segunda metade do XIV”.

Publicidade

A imaxe apareceu boca arriba no leito do río, e segundo apunta a asociación, “a parte posterior non debe de estar labrada, porque talvez estivera acaroada, encastada ou colgada dun muro”. Engaden que “non parece unha Virxe de unha Epifanía, senón exenta e seguramente pensada para colgar ou estar no alto, destacada do muro; é por isto que se entende a decoración vexetal na súa base”. Segundo as pesquisas realizadas ata agora, posiblemente é unha imaxe que en data antiga -talvez no barroco- se converteu nunha pedra máis, e de algún xeito foi desacralizada, por iso o rostro da virxe foi suprimido e a cabeza e o torso do neno”. Sobre a súa posible orixe, sinalan que “a composición da imaxe, o anxo turiferario ao lado da cabeza de María, o pouco que se ven os pregues das roupas e a decoración inferior recorda a virxe que colga da arquivolta da igrexa de Santa Salomé“.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Tapar o cheiro dos peregrinos? Non, este é o verdadeiro propósito do botafumeiro da Catedral de Santiago

O divulgador de historia da arte El Barroquista desmonta unha crenza estendida e sinala que a súa función estaba ligada á solemnidade do templo

Non estaban tolas

Rescatados 23 testemuños de violencia machista dos arquivos do psiquiátrico de Conxo