Vista do Pazo de Mariñán. Foto: Turismo de Galicia.
Vista do Pazo de Mariñán. Foto: Turismo de Galicia.

O Pazo de Mariñán convértese en destino Observer de turismo científico

Os seus xardíns, situados á beira da ría de Betanzos, destacan polas camelias e a presenza de árbores senlleiras

O Pazo de Mariñán e os seus xardíns de camelias e árbores senlleiras á beira da ría de Betanzos converteranse proximamente en destino Observer de Turismo Científico mediante o selo que outorga a entidade do mesmo nome. Este recoñecemento, especializado en recoñecer o valor científico de destinos turísticos singulares, iniciará o proceso de certificación do complexo do Pazo do Mariñán.

Así o anunciou Observer, que iniciou en setembro a execución dun proxecto para a Deputación da Coruña que terá unha duración de tres meses. “O noso obxectivo é promover outras maneiras de viaxar e de acercarse ao patrimonio natural e cultural. Coñecer aspaisaxes que visitamos a través do coñecemento que nos achegan ramas da ciencia coma a botánica, xeoloxía, historia, astronomía, entre outras temáticas; alén de ser una experiencia enriquecedora, promove de forma eficaz a conservación do patrimonio,ao crear unha maior conciencia sobre a súa fraxilidade. Nós poñémolo en valor e achegámolo ao público nonespecializado”, salienta Maite Vence, directora de Observer.

Pazo de Mariñán

Xardín do Pazo de Mariñán. Foto: Turismo de Galicia.
Xardín do Pazo de Mariñán. Foto: Turismo de Galicia.

O Pazo de Mariñán forma parte da Ruta botánica da Camelia de Galicia e é ademais, un lugar de grande interese para a práctica da ornitoloxía pola súa perspectiva sobre a ría de Betanzos. O edificio data do século XVIII, e foi declarado Conxunto Histórico Artístico no 1972, conta ademais cunha pinacoteca visitable de enorme valor, centrada en obras de arte dos séculos XIX e XX, moitas delas de artistas galegos. É notable a colección de obras de pintores do XIX, de inspiración romántica, de temática historicista ou costumista como Modesto Brocos, Román Navarro, Dionisio Fierros, Jenaro Carrero, Ovidio Murguía Castro, malogrado pintor, fillo de Rosalía Castro… algúns deles mestres ou coñecidos do neno Pablo Ruiz Picasso nos seus anos de estudio na Coruña.

Segundo explica Observer, por razóns históricas, culturais e naturais, o Pazo de Mariñán,unha das propiedades señoriais máis emblemáticas de Galicia,cumpre cos requisitos básicos para iniciar o proceso e certificación coma destino de turismo científico. O obxectivo da certificación, que hai poucas semanas recibiu o castelo de Soutomaior, e do que xa gozan outros enclaves do territorio galego, será recoñecer a singularidade dos valores históricos e botánicos do Pazo de Mariñán,da que destacan o seu inventario florístico, que supera o centenar de especies, con plantas de todos os continentes, achegando un notable numero de rexistros aos catálogos arbóreos monumental e senlleiro de Galicia. Para a súa acreditación, Observer valora aspectos que teñan que ver co seu patrimonio natural, conservación da biodiversidade, proxectos de investigación, actividades de turismo científico, persoal cualificado ou a colaboración con provedores de Quilómetro 0,entre outros aspectos. Ademais, como novidade, o selo inclúe agora protocolos de seguridade contra a Covid-19, que acreditan aos seus destinos de turismo científico como seguros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.