Atopan nos Ancares o dolmen megalítico a máis altura de Galicia

O monumento está situado nunha campa a 1.655 metros de altitude preto do cumio do Tres Bispos

Un monumento megalítico nunha das montañas máis altas de Galicia. Moi preto do cumio dos Tres Bispos, o colectivo Patrimonio dos Ancares vén de documentar o dolmen situado a maior altitude de Galicia, no concello de Cervantes, concretamente na Campa do Cibro, a 1.655 metros. Os achados foron comunicados a Patrimonio para que proceda á súa catalogación.

O achado trátase dun túmulo de terra de 16 metros de diámetro no que se poden observar cinco vigas de pedra que forman unha cámara poligonal de metro por metro e medio. Todo indica que a monumento megalítico foi saqueado en tempos remotos, un dato ao que tamén apunta o feito de que non se atope a laxe que debería cubrir a construción.

Publicidade

Restos do dolmen atopado preto do Tres Bispos. Foto: Patrimonio dos Ancares.

Patrimonio dos Ancares indica que, ata a data, a mámoa con dolmen a maior altitude de Galicia era a de Marco Cavado, a 1.640 metros entre os concellos ourensáns de Chandrexa de Queixa e Manzaneda. A mámoa sen dolmen a maior altitude continúa sendo a do Alto das Malladas, a 1.745 metros, no concello de Chandrexa de Queixa.

Doutra banda, na parroquia de Quindous, tamén no concello de Cervantes, no sitio coñecido como O Carballal, a 1.100 metros, o colectivo tamén documentou outra mámoa de 19 metros de diámetro e 1,70 de altura. Tamén neste caso o túmulo foi destruído e, ademais, cortado por un antigo camiño. Está preto da necrópole coñecida como Pena dos Mouros, formada por cinco mámoas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

Caza variada e clima moi frío: así era a vida nas Serras Orientais galegas hai 18.000 anos

Un estudo da USC analiza restos de fauna atopados en Valdavara 1, unha cavidade que foi ocupada de forma intermitente por cazadores-recolectores e outros depredadores

Os Ancares e O Courel, distinguidos como ‘Mellor destino de montaña 2023’

O selo Observer revalida a certificación aos dous espazos naturais, que xa recibiran o recoñecemento en 2019

Os 8 lugares para desfrutar da neve en Galicia (e doutras cousas máis)

Grazas á súa altitude, estes enclaves galegos permiten pasar unha xornada entre folerpas e descubrir a biodiversidade e patrimonio cultural que ofertan