Xoves 5 Marzo 2026

Un estudo expón que o uso da máscara non afecta á capacidade física ao facer deporte

A análise de diversos parámetros fisiolóxicos non observa diferenzas significativas no caso de persoas sen problemas respiratorios de consideración

A obrigatoriedade do uso da máscara en espazos públicos e en presenza doutras persoas non conviventes xeneralizouse desde o desconfinamento tras a primeira onda da pandemia da Covid-19. Unha das poucas excepcións que se mantén é ao facer deporte. No caso de Galicia, aínda que se recomenda o seu uso, non é obrigatorio o seu uso cando se sae, por exemplo, a correr pola rúa. Mais afecta realmente ao rendemento físico o feito de levar a máscara? Alén da percepción e as sensacións que as persoas poden ter ao manter o seu uso no medio dun esforzo físico, un grupo de científicos de Canadá e os Estados Unidos decidiu analizar se existían diferenzas significativas ao respecto.

Unha revisión publicada en Annals of the American Thoracic Society analizou os posibles efectos do uso da máscara en parámetros fisiolóxicos vinculados ao sistema cardiorrespiratorio á hora de facer deporte. E os resultados apuntan a que, a pesar das percepcións que cada persoa poida ter, “a maioría da xente podería respirar eficazmente cunha máscara posta á hora de facer deporte”.

Publicidade

“É posible que a xente perciba que lle custa un maior esforzo desenvolver a mesma actividade, pero os efectos de levar unha máscara á hora de respirar e no nivel de gases como o osíxeno ou o dióxido de carbono no sangue son demasiado pequenos para observar diferenzas”, explica a fisióloga Susan Hopkins, da Universidade de California en San Diego (UCSD). Insisten, con todo, en que a isto debe terse en conta só no caso de persoas sas, sen patoloxías respiratorias que poidan dificultar en maior medida esta situación.

Os autores do traballo inciden en que as persoas con doenzas cardiopulmonares si poderían notar diferenzas e, por tanto, ter problemas co uso da máscara ao facer deporte

Hopkins e o resto de autores revisaron a literatura científica que analiza os efectos das diferentes máscaras e a súa relación na resposta cardiorrespiratoria á hora de facer deporte, tendo en conta decenas de estudos que estudaban distintos tipos de máscaras, como as de tea, as hixiénicas, as cirúrxicas, as N95 ou industriais.

Publicidade

E concluíron que facer deporte non ten un impacto notorio na función pulmonar ou na recollida de osíxeno, a pesar da pequena resistencia á entrada de aire que se pode derivar do uso de máscara, a sensación de falta de alento e as molestias que ás veces xorden. “Usar máscara pode ser incómodo, e pode haber pequenos incrementos na resistencia respiratoria, volvendo inhalar aire máis quente, e cunha cantidade de CO2 lixeiramente maior, pero son sensacións e cifras que, en todo caso, non teñen impacto na función cardiopulmonar en persoas sas”, insiste a fisióloga.

Estes resultados poderían aplicarse tanto a xente nova como de maior idade, sen patoloxías en ningún caso e independentemente do sexo. Porén, insisten en que as persoas con doenzas cardiopulmonares si que poden sufrir problemas debido á maior posibilidade de experimentar disnea ao facer deporte e outros esforzos.

Os investigadores destacan que, se ben o uso da máscara podería ter excepcións no caso de actividades individuais e ao aire libre, cómpre manter as precaucións sobre todo en deportes e outras prácticas en grupo e espazos pechados, onde o risco se multiplica.

Esa incomodidad podría servir como base para buscar exenciones de las regulaciones de máscaras para tales personas, sugieren los investigadores, pero es algo que también debe sopesarse con los riesgos de no usar máscaras, que podrían terminar siendo mucho más graves.


Referencia: Facemasks and the Cardiorespiratory Response to Physical Activity in Health and Disease (Publicado en Annals of the American Thoracic Society).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máscaras FFP2 como norma permanente en sanidade? Isto é o que din os expertos

Máis de medio cento de científicos solicitan á OMS que estableza a protección respiratoria de alta filtración como estándar en todas as contornas clínicas

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central

Pequenos movementos, grandes beneficios: así podes combater o sedentarismo con sentadas

Unha persoa que pasa máis de oito horas diarias sentada, aínda que cumpra cos 30 minutos de actividade física recomendados, considérase sedentaria