A Coruña, no Fòrum Gastronòmic: “Fixemos cociña de territorio”

O deputado de Turismo, Xosé Regueira, destaca o perfil “baseado na calidade e no produto” das presentación feitas por cociñeiros da provincia

O berberecho de Noia, o peixe das lonxas de Laxe ou a pataca fina de Carballo. Son produtos gravados a lume no ADN de calquera coruñés. A provincia vén de participar no Fòrum Gastronòmic de Barcelona, que se clausurou este mércores na capital catalá. Foron tres días para dar a coñecer a materia prima máis representativa da Coruña a través de degustacións e showcookings, da man da Deputación da Coruña e con demostracións de cociña en directo conducidas por algúns dos rostros máis coñecidos do sector gastronómico coruñés, como é Iván Domínguez, do restaurante NaDo.

Durante o evento, A Coruña presentou unha ampla gama de produtos gastronómicos entre os que se inclúen xamón de porco celta, diferentes tipos de licores e vermús, sidra… “Fixemos cociña de territorio”, declarou o vicepresidente e responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. Tamén quixo destacar o uso gastronómico das algas. “Estase a consolidar como un produto de altísima cociña, cada vez máis presente e de moita calidade”, engadiu. O deputado indicou que presentaron produtos de mar, horta e carne, demostrando unha “calidade gastronómica excepcional”.

Publicidade

Demostracións en directo

Todas estas materias primas expuxéronse no recinto feiral de Montjuïc, na praza de España de Barcelona, onde se celebrou o Forum Gastronomic. Uns produtos puramente coruñeses que tamén se integraron nos showcookings. Demostracións nas que se contou coa presenza de Rocío Martínez do restaurante Pementa Rosa de Carballo; Lolo Mosteiro e Paula Martínez, d’A Artesa da Moza Crecha, de Betanzos; Pepe da Muradana de Muros, Montserrat Santos de Casa do Tella de Portosín, Manuel Pérez de Casa do Selmo de Urdilde, e Paco Moar de Casa Pena de Moeche.

A fin de contas, o principal obxectivo do Forum Gastronomic é servir como lugar de encontro dos nomes máis representativos da cociña contemporánea, así como empresas punteiras do sector gastronómico. O balance feito dende a Deputación da Coruña foi máis que positivo. De feito, Regueira estimou unha maior participación que en 2019, ano previo á pandemia. “A Coruña é un destino que vai ter moita demanda e a nivel cualitativo vai funcionar ben, pero nós tamén queremos ofrecer un perfil absolutamente baseado na calidade e no produto”, apuntou, ao tempo que insistiu na importancia de apostar pola sustentabilidade e a economía circular.

Publicidade

A Coruña 2022

“Galicia non é só produto, tamén é gastronomía”, reflexionou Regueira, ao tempo que se mantiña prudente ante a posibilidade de que a cidade da Coruña acolla o Forum en 2022. “Imos comezar a falar dese horizonte pero aínda non está absolutamente claro”, apuntou o deputado provincial. Tamén indicou que son moitas as administracións que se teñen que coordinar e que aínda non se pode confirmar nada, pero que sería moi positivo para A Coruña celebrar o Forum “nun ano de saída da pandemia e durante o Xacobeo”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cales son os mellores puntos para observar a eclipse de Sol na Coruña? Coñéceos neste novo visor

Trátase dunha ferramenta pública con 46 localizacións recomendadas para planificar mellor a experiencia astronómica do 12 de agosto

A Coruña consolida o seu prestixio gastronómico na feira Salón Gourmets

A Deputación valora a súa participación no evento celebrado en Madrid cun balance "moi positivo" e a sensación de deixar a restauración coruñesa na mira internacional

Activada a alerta vermella na costa da Coruña por ondas de máis de oito metros

Meteogalicia acende o máximo aviso para o mércores, o laranxa para o resto do litoral e o amarelo en terra por abundantes precipitacións

Descubertas dúas especies de cogomelos inéditas en Galicia

Un estudo da Federación Galega de Micoloxía e impulsado pola Deputación da Coruña identifica os exemplares no Pazo de Mariñán, no concello de Bergondo