Pódcast | Cando a estatística pode axudar a salvar vidas

Un proxecto do CITIC intenta coñecer que perfís son máis propensos a ter cardiotoxicidade cando utilizan tratamentos contra o cancro de mama

O cancro é unha enfermidade complexa, que depende do órgano no que afecte causa diversas consecuencias. É potencialmente mortal e unha das principais preocupacións da saúde pública. Por iso, é tan importante que a xente coñeza ben as opcións que teñen por diante: os tratamentos que poderán salvar as súas vidas. Porén, o tratamento ideal ten o menor número de efectos secundarios. A cardiotoxicidade é un deles, e ás veces dáse en pacientes tratados con diversos cancros, como os de mama. Calcular a probabilidade de que esta se produza é a labor de Ana López Cheda, estatística no proxecto MCSICAR do Centro de Investigación en TIC da Universidade da Coruña.

“A cardiotoxicidade é o dano que algunhas substancias como medicamentos contra o cancro poden causar ao corazón“, explica López. Concreta que ese dano pode afectar ao músculo cardíaco ou afectar á súa función eléctrica. As consecuencias deste efecto secundario poden ser temporais, como certas arritmias ou isquemias, pero tamén permanentes e graves como cando se producen insuficiencias cardíacas.

Publicidade

“Nós queremos predicir cando vai sufrir un paciente a cardiotoxicidade”, afirma López. É algo que realizan a través do estudo da información de moitos pacientes, con variábeis numéricas, cualitativas e de imaxe. A investigación colabora coas institucións sanitarias para poder obter os datos e traballar a partir destes, como co Servicio de Cardioloxía do CHUAC. A partir destes realizan diversas simulacións.

Maior eficiencia e eficacia

Malia que todos os pacientes reciben o mesmo tratamento, os efectos que provoca sobre as persoas son diferentes. A importancia do seu traballo é poder comprender en que perfiles é máis probable que se dea a complicación da cardiotoxicidade. “Dependendo das características dos pacientes pódese decidir se esa paciente vai sufrir ese efecto adverso no corazón ou non”, afirma López. É algo clave para mellorar os métodos de prevención e poder saber en que casos se deben realizar, por exemplo, revisións máis frecuentes.

Publicidade

O proxecto pretende, tamén, dar terapias máis precisas, mellorar a calidade de vida dos pacientes e controlar mellor os síntomas en caso de que ocorran. “Tamén a niveis loxísticos axuda a unha mellor atención por parte do persoal sanitario”, explica, xa que poden reducir os gastos en terapias ou ata en tempo de pacientes aos que non lles vai servir o tratamento porque hai outras alternativas.


  • Escoita O Descodificador en todas as nosas plataformas de podcast: SpreakerSpotifyIvooxiHeartDeezerPodcast AddictJioSaavn e Podchaser
  • O CITIC está acreditado como Centro de Excelencia e membro da Rede CiGUS para o período 2024-2027. A acreditación, estruturación e mellora do CITIC está cofinanciada pola Xunta de Galicia e nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2021-2027, co obxectivo temático de promover “unha Europa máis intelixente: transformación innovadora e intelixente” (ED431G 2023/01).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela

Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades para impulsar unha IA confiable e responsable

O CITIC e o CiTIUS representarán a Galicia nesta iniciativa que reforzará a cooperación científica, a captación de talento e a transferencia de coñecemento

A UDC crea unha plataforma de IA para personalizar o tratamento da incontinencia urinaria feminina

O proxecto XINE-IA combinará datos clínicos, tecnoloxías terapéuticas e experiencia de pacientes para apoiar aos profesionais sanitarios

Científicos galegos lideran o primeiro estudo español para predicir risco personalizado de cancro de mama

O proxecto MamoRisk recabará datos de 10.000 mulleres seleccionadas aleatoriamente entre participantes nos programas de cribado de 14 comunidades autónomas