Pódcast | A innovación silenciosa que impulsa os coches intelixentes do futuro

O investigador do CITIC Dariel Pereira explica en O Descodificador como a súa investigación pode mellorar a comunicación en sistemas vehiculares

Pequenas revolucións agochadas en investigacións que pasan desapercibidas. Así son os avances en comunicacións, esenciais no noso día a día pero que, en moitas ocasións, non teñen un importante impacto mediático. Desde a pagar co móbil, un reloxo intelixente ou dispositivos de realidade aumentada, todos teñen a necesidade de que a transmisión de información inalámbrica sexa eficiente e sinxela. Tamén no caso dos coches intelixentes, con sistemas que requiren información masiva. E neste ámbito traballa Dariel Pereira, experto do Centro de Investigación en TIC (CITIC) dentro do programa 3i-ICT.

“Nos sistemas vehiculares de novo tipo, xérase unha cantidade masiva de datos e debe ser transmitida e procesada en tempos moi pequenos”, asegura Pereira. Por iso, o investigador analiza como transmitir toda esa información de forma eficiente e segura. Un deses sistemas, por exemplo, permiten que en vez de ter unha estación base grande para todos os usuarios, teñan varias pequenas estacións que traballen de forma cooperativa, asegura.

Publicidade

O uso de intelixencia artificial

O traballo tamén aproveita as tecnoloxías de intelixencia artificial (IA). “Son moi eficientes computacionalmente”, asegura. Ademais, a IA aprende a través dunha cantidade significativa de datos. Iso si, tamén afronta desafíos. Un deles é que o que achegue a IA debe ser seguro e, polo cal, deben usar modelos que fagan diversas comprobacións e crear sistemas de aprendizaxe que axuden a eliminar erros. Ademais, o experto traballa de forma que, malia que poida haber algún fallo mínimo, os modelos sexan robustos e sigan funcionando cunha alta calidade que permita satisfacer todas as comunicacións vehiculares.

Pereira sabe que queda moito traballo por facer neste eido, pero as comunicacións a través deste tipo de modelo, pensa, son o futuro. Non só no caso dos vehículos intelixentes: transmisións multimedia, cirurxías a distancia… Hai moitas ferramentas que dependen de que a latencia sexa mínima. Por iso, o experto espera que estes avances tecnolóxicos poidan ser útiles en moitos outros sectores.

Publicidade

A investigación realizouse no marco do programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e Comunicación Internacional, Interdisciplinario e Intersectorial (3-i ICT). Foi concedido a CITIC e apoiado pola Unión Europea a través do programa de investigación e innovación Horizonte 2020 baixo un acordo Marie Sklodowska-Curie (H2020-MSCA-COFUND), GA, 101034261.


  • Escoita O Descodificador en todas as nosas plataformas de podcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser
  • O CITIC está acreditado como Centro de Excelencia e membro da Rede CiGUS para o período 2024-2027. A acreditación, estruturación e mellora do CITIC está cofinanciada pola Xunta de Galicia e nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2021-2027, co obxectivo temático de promover “unha Europa máis intelixente: transformación innovadora e intelixente” (ED431G 2023/01).

1 comentario

  1. I-o custe ambiental que hai detrás da IA , in crescendo día a día, que?. Un consumo descomunal de enerxía eléctrica e auga mediante o cal estámos acabando ca pouca saúde que lle a este planeta que nos permite vivir. Que non nos tomen por ovellas; a IA non é (nin foi) imprescindible pra vida, un medio ambiente limpo i-en equilibrio, si.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía