Unha nova masa atmosférica de altas presións devolverá a calor intensa a Galicia

Ourense, Pontevedra e Vigo superarán os 30 graos durante a fin de semana tras uns días de inestabilidade e de temperaturas moderadas

As altas temperaturas volverán a Galicia no seu día especial, o 25 de xullo. MeteoGalicia prevé que unha nova masa atmosférica de altas presións devolva a calor para a fin de semana, cos termómetros que acadarán os 30 graos en cidades como Vigo e que os superarán en Ourense e en Pontevedra.

A situación prevista polos modelos contrasta coa xornada de chuvascos que se vive desde esta fin de semana. A temperatura máis alta en toda Galicia foi en Vilamor, con 24,1 graos. As mínimas descenderon dos 10 en localidades como Viana do Bolo, Calvos de Randín ou Baltar. Ademais este domingo tamén se rexistraron chuvascos no Courel, en Baños de Molgas e Quiroga, entre outros.

Publicidade

Este comezo de semana seguirá a manter algunhas dinámicas do pasado sábado e domingo en parte da comunidade, especialmente no oeste. A situación intermedia entre altas e baixas presións provoca un tempo cambiante. Haberá néboas, nubes baixas e chuvascos illados en varias localidades galegas.

Máximas de 33 graos

As temperaturas continuarán a ser moderadas aínda que aumentarán progresivamente durante a semana. En Ourense este martes xa rozarán os 30 graos, aínda que no resto das grandes cidades as máximas non pasan dos 26. O mércores as altas presións non evitarán a posible presenza de chuvascos illados na parte norte de Galicia. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados pola tarde.

Publicidade

O día de Galicia amosará xa as consecuencias da chegada do anticiclón. En Vigo os modelos indican que os termómetros acadarán os 29 graos e que chegarán os 30 durante a fin de semana. Aínda algo máis de calor haberá en Ourense, onde o venres xa se superarán os 30 graos e se agardan 33 durante o sábado e o domingo.

A calor será algo máis moderada na metade norte, segundo as estimacións da institución. O venres, a capital rexistrará uns moderados 25 graos e evolucionará ata os 28 no domingo. Serán temperaturas similares ás da Coruña e Lugo, sendo ata máis moderados na capital de interior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla