11 obxectos cotiáns onde hai máis bacterias das que pensas

Esponxas, cepillos de dentes e carros da compra son algúns dos elementos máis expostos a microorganismos prexudiciais

As bacterias habitan en todos os lados: no aire, na auga e en calquera superficie. Iso significa que tamén están presentes nas camas, nos móbiles e ata na superficie do noso corpo. Por suposto, a inmensa maioría son inofensivas e poden ser beneficiosas. Porén, hai outras que non. E de aí a importancia de ser limpos e de coidar aqueles lugares nos que se tenden a acumular máis. Estes son algúns dos sitios máis inesperados.

As esponxas da cociña, por exemplo, podemos dar por sentado que teñen algo máis de sucidade. A cifra, de todas formas, é algo sorprendente: pasadas dúas semanas, poden chegar a ter varios millóns de bacterias. Entre elas, coliformes vinculados á contaminación fecal. É importante limpala ben, pasala por vinagre e substituíla se comeza a ulir. Outros elementos presentes na cociña tamén poden ser máis propensos para que aparezan este tipo de microorganismos. É o caso dos panos de cociña, xa que en moitas ocasións se tardan máis en lavar, e táboas para cortar.

Publicidade

Bacterias como E. coli

Hai outros que xa son máis coñecidos, como poden ser os teléfonos móbiles. Tocámolos constantemente, está máis quente o que o fai máis propenso a ter bacterias e, especialmente, algunhas que poden ser prexudiciais. Limpalo cunha tea de microfibra cun pouco de xabón neutro pode ser suficiente. Lavar as mans tamén é importante. Moitos pensan nos mandos da televisión dos hoteis e as cintas de seguridade nos aeroportos. Os investigadores tenden a atopar moitas bacterias neste tipo de obxectos, menos lavados e que moita xente distinta pode utilizar ao longo do tempo. De feito, investigadores atoparon bacterias como E. coli en ambos os dous sitios.

Tampouco é raro que na lista estean os xoguetes e as toallas utilizadas polas mascotas. É un foco de bacterias e conta coa saliva, pelos e restos de pel no animal e ouriños. Segundo o Centro de Control e Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos, os xoguetes dos animais poden ter E. coli, Staphylococcus aureus e Pseudomonas aeruginosa, entre outras.

Publicidade

Desde cortaúñas aos carros da compra

Nos que quizais non pensamos tanto son algúns dos máis expostos aos xermes e bacterias. Por exemplo, o cepillo de dentes. Especialmente, se están situados preto dos váteres, onde hai numerosos microbios, especialmente ao tirar da cisterna. Tamén calquera tipo de obxecto do baño que é compartido, como os cortaúñas ou produtos de beleza. En moitos casos, poden conter bacterias que provocan a síndrome da uña verde e outras infeccións de pel. Algo que especialmente pode ocorrer en salóns de beleza.

Por último, os carros da compra. Non o pensamos porque o precisamos e é algo cotián, pero pasan por moitas mans. De feito, un estudo realizado nos Estados Unidos achou que o 70% deles estaban contaminados con coliformes. Outros estudos atoparon máis bacterias que poden causar problemas.

Para evitar contaxios, é recomendable utilizar xel hidroalcohólico e lavar as mans a miúdo. Especialmente antes de tocar comer e estar co móbil. En xeral, é importante levar unha boa hixiene, limpar os obxectos que usamos a miúdo e especialmente aqueles que, en ocasións, máis pasan desapercibidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aire acondicionado fronte ao cambio climático: indispensable ou incompatible?

A OMS presenta unha nova guía de plan de acción sobre saúde e calor na que recoñece os seus efectos negativos á vez que insiste na necesidade de acceso

Unha nova ferramenta de IA analiza a microbiota da poboación galega para anticipar enfermidades

Dous investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur crean un novo índice para identificar zonas de actuación prioritaria e apoiar a toma de decisións sanitarias

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Graziella Almendral, presidenta dos xornalistas sanitarios en España: “A desinformación está gañando”

A farmacéutica Zendal organizou unha xornada no Porriño co gallo da Semana Mundial da Inmunización na que participou a profesional da información