Ceos

Podería unha poderosa tormenta solar acabar con Internet?

Sábese con certeza que o clima espacial provoca cortes de enerxía e interrompe o funcionamento dos satélites

Como sería unha base humana en Marte? Así é o deseño con selo galego

Investigadores da UVigo estudan a habitabilidade do planeta, que conta cunhas condicións pouco axeitadas para aloxar astronautas

O próximo mapa da Vía Láctea será 50 veces maior ao publicado en xuño

A misión espacial Gaia da Axencia Espacial Europea (ESA, polas súas siglas en inglés) segue avanzando na creación do mapa máis completo da Vía...

Estes son os eventos astronómicos que se poderán observar dende Galicia en outubro

Este mes poderán verse ata nove fenómenos singulares nos ceos galegos: dende chuvias de estrelas ata aliñamentos de planetas

Éxito da misión DART: así impactou unha pequena nave espacial contra un asteroide

O ensaio tiña por obxectivo poñer a proba unha nova tecnoloxía de defensa planetaria da Terra ante futuras ameazas

As claves da misión DART: así se desviou a traxectoria do asteroide Dimorphos

O obxectivo é cambiar a órbita e probar unha tecnoloxía que podería utilizarse para defender a Terra doutras ameazas

Un satélite da UVigo gaña un premio internacional para viaxar ao espazo en 2024

O xurado do concurso recoñeceu o aparello, creado por estudantes galegos, como o mellor deseño de misión para a súa posta en órbita

Os mundos acuáticos poderían ser tan abundantes como os terrestres

Na procura de vida na nosa galaxia os planetas con auga líquida figuran entre os candidatos idóneos. Agora, unha pormenorizada análise do radio e...

Suspendido o lanzamento de Artemis I, a misión de regreso á Lúa

A NASA aborta o despegue e volverá intentalo o 2 de setembro, despois de que xurdira un problema técnico nun motor

As Perseidas chegan este ano con Lúa chea

O punto álxido será a noite do 12 ao 13 de agosto, aínda que poderemos velas tamén os días seguintes

O rover Curiosity, dez anos explorando Marte

Malia os evidentes signos de desgaste, o vehículo da NASA está a piques de comezar un novo capítulo da súa misión mentres escala unha montaña marciana

O telescopio James Webb revela unha nova imaxe de Xúpiter

O observatorio máis potente da historia inclúe no seu informe de posta en marcha unha serie de fotografías do planeta

A superlúa do cervo brillará esta noite no ceo galego

O astro verase moito máis grande do normal e poderá observarse dende calquera parte do mundo ao caer a noite

As novas imaxes do James Webb mostran exoplanetas, galaxias e espectaculares nebulosas

O telescopio máis potente da historia revela catro novas fotografías, as máis nítidas e detallas do universo

“A foto do James Webb é un instante sublime do nunca visto”

O físico da USC José Edelstein analiza a primeira imaxe do telescopio espacial, que retrata un cúmulo de galaxias do universo primitivo

Despega con éxito a misión que devolverá o home á Lúa

A axencia espacial acaba de lanzar un nanosatélite ao espazo para probar unha nova órbita