Restablécese o tráfico aéreo en España trala posible caída do foguete chinés

Durante a mañá deste venres, decretouse un peche temporal do espazo aéreo dos aeroportos de Barcelona, Tarragona, Navarra, Eivissa e Reus

Comeza a normalizarse o tráfico aéreo en España tras verse afectado parcialmente pola posible caída sen control de parte dun obxecto espacial, o foguete chinés Longa Marcha-5B E4, cuxa traxectoria de regreso á Terra inclúe España. Segundo os comunicados oficiais de Eurocontrol, os atrasos e restricións afectaron co peche temporal do espazo aéreo dos aeroportos de Barcelona, Tarragona, Navarra, Eivissa e Reus ata que os posibles danos colaterais que podía causar o foguete estiveran controlados.

O risco de que caian cascallos espaciais sobre o espazo aéreo obrigou, por precaución, a paralizar a actividade destes aeroportos españois. A decisión de suspender os voos foi tomada polo Departamento de Seguridade Nacional despois de que diversas axencias de seguridade aérea mundiais fixesen un seguimento da traxectoria do foguete, que ía facer unha entrada incontrolada na atmosfera á altura de España.

Publicidade

[Haberá ampliación]

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

De quen son os recursos naturais do espazo?

Na actualidade están a producirse desenvolvementos xurídicios a nivel nacional e internacional que parecen contradicir os principios do Dereito do Espazo