As Perseidas chegan este ano con Lúa chea

O punto álxido da choiva de estrelas será a noite do 12 ao 13 de agosto, aínda que poderemos velas tamén os días seguintes

A choiva de estrelas fugaces das Perseidas é unha das citas anuais máis importantes para as persoas afeccionadas á astronomía. Este ano a corrente de meteoros -chamados “estrelas fugaces”-  terá o seu punto álxido na vindeira noite do 12 ao 13 de agosto, aínda que a Lúa chea deses días non permitirá unha boa observación

Porén a choiva de estrelas fugaces non é un fenómeno puntual, poderemos seguir gozando delas nos días seguintes.

Publicidade

Choiva de meteoros

No período de máxima actividade poden chegar a verse máis de cincuenta estrelas fugaces cada hora baixo un ceo escuro e despexado. A contaminación luminosa fai que nas proximidades das cidades ou en zonas con iluminación forte o número de meteoros visibles diminúa.

“As  Perseidas son diminutos fragmentos da cola do cometa Swift-Tuttle que entran na atmosfera a gran velocidade, deixando ao seu paso un rastro luminoso”


Para gozar das Perseidas non se precisan instrumentos ópticos, como prismáticos ou telescopios, nin se requiren coñecementos especiais de astronomía, xa que os meteoros poden verse por toda a bóveda celeste. Iso si, todas as traxectorias teñen a súa orixe na constelación de Perseo (de aí o seu nome) que emerxe polo horizonte en dirección nordeste pasada a media noite.

Publicidade

As Perseidas tamén se coñecen como bágoas de San Lorenzo, xa que o día 10 de agosto está adicado no santoral a este diácono de Roma que sufriu martirio asado nunha grella no ano 258. 

A realidade é que as Perseidas son diminutos fragmentos da cola do cometa Swift-Tuttle que entran na atmosfera a gran velocidade, deixando ao seu paso un rastro luminoso que pode chegar a durar varios segundos. Este cometa achégase á Terra cada 120 anos no seu percorrido ao redor do Sol, renovando a corrente de partículas que o noso planeta atravesa cada ano por estas datas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia vivirá unha xornada astronómica única: o máximo das Perseidas chega tras a eclipse total de Sol

As condicións serán favorables para contemplar ata 200 meteoros por hora durante a noite do 12 ao 13 de agosto, con nubosidade prevista no norte da comunidade

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

Manual de supervivencia para ver a eclipse total dende A Coruña: que medidas de seguridade se deben tomar?

O experto Alexander Dubra advirte do risco de queimar a retina ao observar directamente o Sol durante a fase parcial, con danos permanentes no ollo

Sistemas de proxección: estas son as alternativas da observación directa durante a eclipse total

Os optometristas de Galicia inician unha campaña de recomendacións para poder desfrutar do fenómeno de forma segura