Onde ver a eclipse total de agosto no teu concello? Compróbao neste simulador dixital

A ferramenta do portal Snowy achega horarios exactos, nivel de escuridade e duración do fenómeno segundo a localización

Cada vez son máis os recursos dixitais que permiten coñecer detalles sobre a eclipse total de Sol do 12 de agosto. O sitio web Snowy ofrece información técnica e meteorolóxica para axudar aos usuarios a elixir o mellor lugar para ver o evento, cunha simulación exacta segundo a localización. 

Entre os datos que facilita están a hora exacta antes, durante e despois da eclipse; o escurecemento en cada fase do fenómeno, e súmase o tempo en totalidade, a magnitude e a posición do Sol. O vídeo facilitado pola ferramenta permite ver de que forma varían os datos a medida que pasa o fenómeno.

Publicidade

Por exemplo, dende Vigo verase unha eclipse parcial do 81%. Así, para ver a totalidade, a ferramenta aconsella o desprazamento cara a unha localización dentro da franxa. Con todo, cando o concello buscado se atopa xa no interior, achega información detallada.

Ubicacións dentro da totalidade

Dende Viveiro (Lugo), a totalidade durante a eclipse será dun minuto e 45 segundos, cun máximo que se producirá ás 20:27:25 horas. Mañón, na provincia da Coruña, tamén contará cun longo tramo de escuridade: un minuto e 42 segundos, con máximo ás 20:27:21 horas.

Publicidade

Todo depende da localización dentro da franxa, motivo polo cal o tempo dentro da totalidade vai descendendo. Canto máis estea no centro da banda, máis tempo estará baixo a escuridade. Por iso, Ribadeo terá unha totalidade dun minuto e 37 segundos, con máximo ás 20:27:42 horas, e a cidade da Coruña, contará cunha totalidade dun minuto e 16 segundos, cun máximo ás 20:27:00 horas. 

Simulador da eclipse do 12 de agosto dende Mañón (A Coruña). Imaxe extraída de Snowy.

Podes consultar a páxina web Snowy na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla