GCiencia xa se pode engadir como fonte preferida en Google: como ver máis ciencia galega nas túas buscas

O buscador permite agora que o xornalismo científico de calidade gañe peso fronte aos medios xenéricos nos teus resultados

Google acaba de activar unha ferramenta clave para os lectores que buscan rigor: a posibilidade de marcar os seus medios de confianza como fontes preferidas. Esta función cambia a forma na que consomes información, xa que permite que o algoritmo de Google aprenda os teus intereses reais. A partir de agora, se seleccionas GCiencia, as nosas reportaxes sobre investigación, natureza e tecnoloxía aparecerán de forma prioritaria cada vez que fagas unha busca.

Como engadir GCiencia como fonte preferida en Google

O proceso é rápido e gratuíto. Segue estes pasos para asegurar que a ciencia en galego teña prioridade na túa pantalla:

Publicidade

1. Accede á ligazón directa: Entra no perfil de GCiencia na ferramenta de fontes preferidas de Google premendo nesta mesma ligazón.

2. Inicia sesión: Usa a túa conta de Google, se non o fixeches xa.

Publicidade

3. Seleccionam GCiencia: Marca o noso medio como unha das túas fontes preferidas (GCiencia ou gciencia.com)

Prioridade inmediata: A partir deste momento, cando realices buscas de actualidade en Google, terás máis posibilidades de atopar as nosas noticias no bloque de ‘Noticias destacadas’.

Unha forma sinxela de non perder nada

Engadir GCiencia como fonte preferida é a vía máis directa para seguir de preto a actualidade que elaboramos cada día desde a nosa redacción. Con esta configuración premiarás o contido en galego fronte á penalización deste idioma nas redes e nos buscadores. Ademáis, poderás atopar con máis facilidade:

As noticias máis relevantes sobre investigación e universidades.

Reportaxes, entrevistas e análises de produción propia.

Información sobre o patrimonio natural e ambiental de Galicia.

Divulgación científica rigorosa e coberturas especiais de última hora.

Unha aposta pola información con rigor

Para GCiencia, esta nova función supón unha oportunidade para reforzar o vínculo coa nosa comunidade e facilitar que quen confía na nosa cobertura poida atoparnos de forma máis directa. Nunha rede cada vez máis saturada, poder elixir as fontes axuda aos usuarios a identificar o xornalismo no que confían e a personalizar a súa experiencia de lectura.

GCiencia convida a todos os seus lectores a dar este paso para asegurar que o coñecemento galego ocupe sempre un lugar protagonista na túa pantalla.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A bordo do hantavirus

O gromo dunha enfermidade potencialmente mortal en alta mar. Por Laura Filloy

A Comisión de Deontoloxía do Xornalismo de España avala o labor informativo de GCiencia

A entidade destaca que o portal e National Geographic “cumpren coa normativa deontolóxica” e apoia o seu rigor e respecto ás normas éticas do xornalismo

Entre o “Teño, teño” e o “Carallo!”: a linguaxe da dor en Galicia (e en galego)

Dous documentos testemuñais de finais do século XX recompilan as expresións populares empregadas por pacientes para describir o seu malestar

Froallo, xistra ou trebón: estas son as 100 palabras en galego para falar da chuvia

A filóloga Elvira Fidalgo documentou unha ampla variedade de denominacións rexistradas en máis dun cento de localidades do noroeste peninsular