Ciclóns no Mediterráneo: os medicanes

O quecemento global está a provocar fenómenos ata agora pouco frecuentes, como os ciclóns que se xerarán no Mediterráneo central e oriental

Se cadra para homenaxear a Conferencia das Nacións Unidas sobre Cambio Climático, que estes días se está a celebrar en Glasgow, parece que nos vindeiros días o Mediterráneo pode agasallarnos cun ciclón.

A cousa parece ser que o quecemento global está provocando que este mar adquira características cada vez máis semellantes ás dun mar tropical. E polo tanto, os fenómenos meteorolóxicos que ese mar estimula, serán tamén máis parecidos aos das zonas tropicais. Por iso, de cando en vez, veremos polo Mediterráneo central e oriental tormentas semellantes a ciclóns: menos intensas pero de aparición e desaparición máis rápida… pero coa mesma física e morfoloxía ca aqueles. E por se alguén o está pensando… non, non estamos falando dunha DINA.

Publicidade

Pero aquí estamos ao noso, así que… se imos ter que falar deles con relativa frecuencia (oxalá sexa pouca) fainos falta un nome. En inglés emprégase fundamentalmente Mediterranean tropical-like cyclone para a comunicación científica, e medicane (acrónimo de Mediterranean e hurricane) para divulgación e para contextos non especializados.

E… quen contaba! Agora temos medicanes nos medios en castelán, en portugués, en catalán

Publicidade

Ao non ser un fenómeno propio das nosas costas, en galego non temos un nome específico para ese fenómeno, así que o máis eficiente é adoptar (e adaptar) os que empregan nas linguas veciñas. Por iso, tendo en conta o que vimos de contar, a nosa recomendación sería empregar ciclón tropical mediterráneo en textos técnicos e especializados, e medicán (construíndo o acrónimo sobre “mediterráneo” e “furacán”, no canto de copiar literalmente a forma inglesa), para usos populares ou de divulgación científica.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O furacán Gabrielle cambia de traxectoria: así afectará a Galicia

O percorrido levarao cara a Lisboa e ao Golfo de Cádiz, con efectos secundarios sobre o litoral noroeste con ventos e ondas elevadas

O furacán Gabrielle avanza cara a Galicia: esta é a súa posible evolución

Algúns dos máis de 50 escenarios meteorolóxicos prevén o seu impacto na costa galega en forma de borrasca

Os restos do furacán Erin traen chuvia a toda Galicia e activan a alerta amarela na costa

A borrasca situada ao oeste das Illas Británicas enviará varias frontes ao longo dos próximos días e provocará un descenso das temperaturas

Alerta no mar: a temperatura da auga en Galicia dispárase tres graos por riba do normal

O Atlántico vive un episodio de anomalía térmica que, segundo as predicións, manterase no tempo durante o mes de xuño