O furacán Gabrielle cambia de traxectoria: así afectará a Galicia

O percorrido levarao cara a Lisboa e ao Golfo de Cádiz, con efectos secundarios sobre o litoral noroeste con ventos e ondas elevadas

O furacán Gabrielle, activo dende o pasado luns, atópase xa no leste das Azores como furacán de categoría 1. Trátase do nivel máis baixo na Escala de Ventos de Furacáns de Saffir-Simpson, polo que non adoita provocar unha destrución masiva, aínda que pode rexistrar ventos sostidos entre os 119 e 153 km/h. Inicialmente parecía dirixirse cara a Galicia, mais dende MeteoGalicia sinalan que o escenario máis probable é que finalmente evite o territorio galego.

Aínda que na actualidade segue cualificado como un furacán, Roberto Granda explica en ElTiempo.es que as imaxes satelitais amosan a ausencia dun ollo definido e unha estrutura en transformación, debido á cizalladura do vento. Engade que, xuntos coas augas máis frías, estes serán os factores clave no proceso de debilitamento de Gabrielle.

Publicidade

“Vaise ir desprazando e o sábado chegará ao oeste da península ibérica”, apunta un técnico do servizo meteorolóxico galego. Pola súa parte, o doutor en Física e investigador da Axencia Estatal de Meteoroloxía, Juan Jesús González Alemán, lembra no seu perfil de X que o Centro Nacional de Furacáns inclúe o noroeste peninsular no seu cono de traxectoria. Con todo, prevé que tras o seu paso polas Azores o sistema experimente unha transición extratropical, converténdose nunha borrasca pos-tropical, aínda que está por determinar con que intensidade.

Efectos indirectos en Galicia

Segundo MeteoGalicia, Gabrielle entrará pola zona de Lisboa e desprazándose despois cara ao Golfo de Cádiz, sen afectar directamente a Galicia. Algúns escenarios apuntan a que a borrasca Ex-Gabrielle podería penetrar máis ao norte e achegarse á costa portuguesa antes de avanzar ao interior peninsular. Porén, o máis probable é que acceda a través da capital lusa.

Publicidade

Os efectos indirectos que o antigo furacán podería deixar en Galicia serían limitados: o sábado prevese precipitacións, sobre todo no suroeste da comunidade, asociada ás bandas do ciclón, así como ventos de suroeste que se farán notar especialmente no litoral de Pontevedra. Ademais, poderanse rexistrar ondas de ata catro metros. A súa entrada no Golfo de Cádiz favorecerá que o domingo Galicia viva unha xornada seca, incluso con ceos despexados.

Dende MeteoGalicia insisten en que este é o escenario máis probable para a evolución de Gabrielle no seu paso pola península. “Tería que cambiar moito para que entrase máis ao norte”, conclúe un técnico do servizo meteorolóxico galego.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro