Pódcast | Os experimentos que marcarán o futuro da física

Escoita a conversación co investigador do IGFAE Néstor Armesto sobre o novo acelerador do CERN e o futuro Einstein Telescope

A Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) leva anos traballando para a construción dun novo acelerador de partículas que substitúa o LHC, coñecido por desvelar a existencia do ‘bosón de Higgs’. E dentro deste eido da física, nas próximas décadas tamén irromperá o Einstein Telescope para o estudo das ondas gravitacionais. Dous grandes experimentos que marcarán o futuro da disciplina e nos que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago (USC) e da Xunta de Galicia. Neste novo pódcast de GCiencia en colaboración co instituto compostelán falamos co investigador Néstor Armesto Pérez sobre a importancia dos futuros experimentos e como determinarán o futuro da física de partículas.


Escoita O podcast de GCiencia en todas as nosas plataformas de podcast: Spreaker, Spotify, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser

Publicidade

Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

O físico Antón Baleato incorpórase ao IGFAE: “Quero axudar a construír rede e cultura científica en Galicia”

O cosmólogo creará o seu grupo de investigación no centro para impulsar o proxecto ACCELENS, beneficiado cunha Starting Grant

Do CERN ao Revenidas: a ciencia sobe ao escenario con máis de dez relatorios da man do IGFAE 

O festival acollerá por primeira vez en Galicia unha iniciativa que aposta por achegar a investigación á sociedade a través das palabras de trece investigadores nacionais e internacionais

O galego Antón Baleato logra unha Starting Grant para entender por que se acelera a expansión do universo

O cosmólogo incorpórase ao IGFAE para desenvolver o proxecto ACCELENS, que analizará datos procedentes do fondo cósmico de microondas e a distribución das galaxias