Artigos máis recentes de

Redacción

Unha biotecnolóxica galega avanza nunha nova terapia contra o cancro de ovario resistente

O proxecto, que vén de recibir 1,8 millóns de euros, ten o obxectivo de crear unha estratexia máis eficaz e segura

A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición sobre o Matemático Rodríguez

A mostra homenaxea a figura do primeiro científico galego internacional e fai un percorrido pola súa traxectoria vital e profesional

Os temporais reviven a crise dos pellets nas praias galegas

A asociación Noia Limpa alerta de que as bólas plásticas están chegando de novo aos areais e atribúeno ás últimas borrascas

A galega Observer certifica a Gran Ruta de Ecoturismo Científico en España

O distintivo avala o valor do roteiro como experiencia de turismo responsable, baseada na divulgación científica e na conservación da biodiversidade

Carracedo: “Os datos xenómicos axudarán a predicir o risco individual de doenzas comúns”

A Real Academia Galega de Ciencias celebra o acto de apertura do curso cunha clase maxistral do catedrático en Medicina Legal da USC

Galicia rexistra en 2025 o terceiro xaneiro máis cálido dos últimos sesenta anos

O último informe de Meteogalicia reflicte que a temperatura media foi de 9,8 graos, o que supón 1,8 graos superior ao normal

Dous investigadores de Santiago, premiados polas súas achegas á investigación sanitaria

Os científicos do IDIS Anxo Fernández Ferreiro e Alana Aragón Herrera foron recoñecidos polos seus estudos nos eidos da farmacia e da cardioloxía

O plan de oncoloxía de precisión permitiu tratar un cento de galegos con terapias CAR-T

O Centro de Terapias Avanzadas de Galicia está na fase de supervisión e control para crear "soldados biolóxicos" contra o cancro

Un estudo da USC cuestiona unha técnica que avala Europa para analizar a contaminación costeira

O procedemento, coñecido como biomonitorización, emprega algas pardas para medir as concentracións de elementos tóxicos na auga

Descritos dous novos ‘falsos escorpións’ en ámbar de hai 101 millóns de anos

Os diminutos arácnidos sen cola nin aguillón atopáronse en dous xacementos de Álava e Teruel datados no Cretácico
10348 Articles written