Unha biotecnolóxica galega avanza nunha nova terapia contra o cancro de ovario resistente

O proxecto, que vén de recibir 1,8 millóns de euros, ten o obxectivo de crear unha estratexia máis eficaz e segura

Unha nova estratexia para mellorar o tratamento de cancro de ovario resistente. Este é o obxectivo do proxecto OVERCAD do que forma parte o consorcio galego SunRock Biopharma e que vén de recibir do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades un importe de máis de 1,8 millóns de euros. En colaboración co Instituto de Oncoloxía de Vall d’Hbron (VHIO) desenvolverán novos anticorpos para mellorar os resultados das terapias en pacientes con esta doenza.

O cancro de ovario é o sétimo máis frecuente en mulleres en todo o mundo e un dos tipos xinecolóxicos con maior mortalidade. A pesar dos avances nos últimos anos, o tratamento segue sendo complexo, debido ao seu diagnóstico frecuente en etapas avanzadas e á resistencia que presentan as pacientes aos tratamentos convencionais. “Isto pon de manifesto a urxente necesidade de identificar novas alternativas terapéuticas para mellorar as opcións de tratamento e a supervivencia das pacientes”, destacan dende o consorcio, cuxa sede está no Biopolo Sionlla de Santiago de Compostela.

Publicidade

Tanto SunRock Biopharma como o VHIO participan conxuntamente no proxecto OVERCAD, cuxo obxectivo é desenvolver unha nova estratexia terapéutica eficaz para o tratamento desta doenza, centrada nun anticorpo conxugado a fármaco (Antibody Drug Conjugate, ADC) dirixido á diana CCR9 (Receptor de Quimioquinas 9). A finalidade é mellorar os resultados terapéuticos neste grupo de pacientes.

Un anticorpo eficaz e seguro

Ambas entidades traballarán sobre este método para acelerar a dispoñibilidade dunha nova terapia máis eficaz e segura para as doentes. “Este innovador anticorpo demostrou unha sólida eficacia antitumoral e un perfil de seguridade prometedor en modelos preclínicos, ofrecendo un enfoque terapéutico que non só mellora o tratamento deste tipo de cancro, senón que tamén contribúe a reducir os efectos secundarios e a minimizar a aparición de resistencias“, aseguran dende o consorcio galego.

Publicidade

O consorcio liderado por SunRock Biopharma e VHIO combina a experiencia de SunRock no desenvolvemento de anticorpos terapéuticos innovadores co coñecemento especializado de VHIO. Este estará representado polo Grupo de Neoplasias Xinecolóxicas, liderado pola doutora Ana Oaknin, “que achega unha sólida traxectoria no desenvolvemento de novas terapias moleculares e inmunolóxicas para o tratamento de neoplasias xinecolóxicas, sendo unha das investigadoras máis citadas a nivel mundial na súa área”, destacan. Ademais, o consorcio conta coa participación do equipo dirixido polo doutor Josep Villanueva, investigador do grupo de Proteómica do VHIO, “con ampla experiencia na identificación de biomarcadores tumorais de predición de resposta en pacientes”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha curtametraxe sobre os tesouros agochados baixo o mar da Mariña-Ortegal conquista Donosti

O biólogo focense Carlos Gil dá a coñecer a biodiversidade dos fondos galegos cun galardón no Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián

Os premios Zendal galardoan avances en terapia xénica e diagnóstico de infeccións no gando porcino

A VII edición do certame recoñece dous proxectos de investigación que abren novas vías fronte a enfermidades priónicas e o uso responsable de antibióticos en animais

Tecnoloxía e psiquiatría únense para crear un banco de datos para investigar a saúde mental na adolescencia

Un equipo de atlanTTic, xunto con profesionais sanitarios, desenvolve VisIA-Q, un conxunto de información clínica e psicométrica de 207 adolescentes

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente