Máis de 100 galegos xa trataron o seu cancro con fármacos CAR-T tras un investimento de 20 millóns de euros. Así o anunciou esta mañá o Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que enxalzou os avances da oncoloxía de precisión durante unha visita ao Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia co gallo do Día Mundial contra o Cancro.
No acto, avanzou o novo fito da entidade: acaba de recibir a autorización para poder traballar con organismos modificados xeneticamente por parte da Comisión Nacional de Bioseguridade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Segundo precisou Gómez Caamaño, este impulso supón un paso máis e un salto cualitativo no sistema de calidade deste centro, para ofrecer as máximas garantías na fabricación de medicamentos CAR-T.
O centro atópase en fase de supervisión e control, para comezar a fabricar “soldados biolóxicos” que combaten o cancro desde as propias células dos pacientes, á espera da autorización da Axencia Española de Medicamentos. As terapias avanzadas CAR-T, tamén coñecidas como terapias de linfocitos, consisten en modificar xeneticamente as células inmunes dos pacientes para que poidan combater as células tumorais. Trátase de medicamentos de alto impacto clínico e asistencial que, nalgúns casos, acadan unhas taxas de resposta do 80%.
Centro de protonterapia
O conselleiro de Sanidade indicou que xa se investiron máis de tres millóns de euros para a dotación de recursos humanos, técnicos e tecnolóxicos de primeiro nivel do centro. A entidade está orientada tanto á produción como á investigación deste tipo de tratamentos. Amais disto, o conselleiro de Sanidade referiuse ao Centro de Protonterapia de Galicia, que está en plena execución. Será o primeiro da sanidade pública en tratar pacientes con esta técnica novidosa. O horizonte está posto no vindeiro ano.
As investigacións neste terreo científico deben estar apoiadas decididamente desde a Xunta de Galicia. A inversión no Centro de Terapias Avanzadas debería ser unha proioridadade pois os beneficios sociais para Galicia xa están dando os seus froitos e debe continuarse nesta liña de investigación.
Considero que 3 millóns de euros son unha inversión moi escasa. Necesitamos en Galicia máis investigadores e un maior apoio a este centro de investigación.
Quero lembrar que na investigación en terapias car-T esta, en boa medida, a solución de moitos pacientes con cancro aos que hai que darlles solución médica. Lembrar que todo o que se invirta neste campo e moi necesaria xa que vai en beneficio de toda a nosa sociedade.
Desde luego que hay que hacer ensayos, pero esto ya viene a ser un avance muy importante en terapias que se aplican al cáncer desde hace 40 años de forma genérica, en este siglo tiene que cambiar, cada individuo es único, cada organismo tiene un historial único por lo tanto cada enfermedad tiene una histología única. Este tipo de terapias CAR-T estan basadas en esto, en hacer estudios únicos a cada individuo y así personalizar la terapia, ajustada a su organismo. ❤❤❤IMPORTÁNTISIMO QUE ESTE TIPO DE TERAPIAS ENTREN EN LA SANIDAD PÚBLICA PARA EL ACCESO DE TODOS. REZO POR ELLO ❤❤❤