Son seguros os xeradores eléctricos? Fallos comúns e recomendacións

A morte de tres persoas en Taboada, Lugo, espertou a preocupación sobre o uso dunha ferramenta que, empregada de forma axeitada, é moi útil

Os xeradores eléctricos foron unha opción tanto para parte da cidadanía como para as administracións tras o apagamento do luns. Por exemplo, no caso dos hospitais, é algo esencial que axuda a manter o servizo sen grandes interrupcións. Son ferramentas relativamente seguras, sempre que se realice un uso responsable, mais son aparellos complexos e requiren dun mantemento case constante. En Taboadela, Ourense, todo apunta a que o mal funcionamento dun xerador eléctrico, con causas aínda descoñecidas, provocou a morte de tres persoas. Por iso, aínda que útil, tamén supón algúns riscos.

Sempre usalo en exteriores

Un dos erros máis frecuentes é usalo en interiores. O problema é que, de producirse un fallo na combustión, pode ser moi difícil de detectar. Salvo no caso de profesionais que utilicen o equipo adecuado é importante deixalo no exterior. Non é suficiente con manter as ventás abertas. Principalmente porque unha das principais causas de morte por estes xeradores é a intoxicación por monóxido de carbono, o cal non se pode oír, cheirar, ver nin deter.

Publicidade

Realizar un mantemento adecuado

Os manuais especifican, polo xeral, o mantemento necesario segundo o modelo. Polo xeral, estes non pasan dos 6 meses ou as 200 horas de uso. Non todos funcionan por igual: algúns que requiren mantementos trimestrais e incluso, nalgúns casos, mensuais. O máis importante é que os técnicos realicen probas de arranques, asegurarse dos cambios de aceite e de filtros, revisar os sistemas de refrixeración e comprobar que funciona correctamente a combustión. Por outra banda, tamén é recomendable cada semana ou, como máximo, cada dúas semanas, prender o xerador durante cinco minutos para asegurarse de que todo funciona adecuadamente.

Uso coidadoso do combustible

Pode haber persoas que, como estes aparellos non os utilicen tanto, poida deixar o combustible posto durante meses. Porén, esta é unha posible razón pola que podería dar problemas na combustión ou no arranque. Ademais, os manuais especifican cal é o mellor tipo de combustible e outras normas, como non encher o depósito mentres está en funcionamento. Tamén se recomenda preguntar a técnicos sobre que aceite utilizar para evitar desgastes no motor.

Publicidade

A utilidade dos xeradores eléctricos é indiscutible, e non só para administracións e servizos de emerxencia. Tamén vivendas que precisen da electricidade ou persoas en situación de dependencia dese servizo para manter a súa saúde. Iso si, o uso destes debe ser tras informarse ben sobre o seu funcionamento, realizar un mantemento adecuado e frecuente e consultar a un técnico ante calquera dúbida.

En situacións como a do apagamento do luns, recoméndase contactar cos servizos de emerxencia para saber como actuar da forma máis responsable e adecuada. Por desgraza, ás veces ata os usos máis necesarios poden causar danos irreparables.

A morte de tres persoas en Taboadela, en Ourense

Un matrimonio de 81 e 77 anos, así como o seu fillo de 56, morreron debido a unha intoxicación tras o uso dun xerador eléctrico, tal e como apuntan as primeiras hipóteses. Os servizos de emerxencia suxiren unha concentración de monóxido de carbono. A familia usou este sistema para poder conectar un respirador que utilizaba o home de 81 anos durante o apagamento do luns. A Garda Civil xa estuda o caso, que causou gran conmoción entre os seus veciños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes