Desaconsellado o baño en praias e ríos por problemas derivados do apagamento masivo

A falla na subministración fixo que parte dos caudais "non puideran ser tratados con normalidade", segundo a Xunta

Queda desaconsellado o baño en ríos e praias de toda Galicia durante as próximas 24 horas. A Xunta vén de emitir unha advertencia á cidadanía na que fai un chamado a non bañarse en areais e zonas fluviais polos problemas derivados do apagamento masivo do pasado luns 28 de abril.

Segundo a información facilitada polo Goberno galego a través das súas contas en redes sociais pasadas as 17:30 horas deste martes, a falla de subministración eléctrica fixo que parte dos caudais “non puideran ser tratados con normalidade”.

Publicidade

Polo tanto, piden á cidadanía que non se baña en praias ou ríos de toda a comunidade galega, unha advertencia que estenden para as próximas 24 horas.

Non foi o único problema comunicado polas autoridades galegas relacionado ca xestión das augas durante o apagamento. Este martes, o alcalde vigués, Abel Caballero, comunicou que durante os próximos días haberá limitacións ao baño nos areais da cidade olívica debido á parada sufrida na EDAR, que fixo que aliviase cara ao mar.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla