Así se viu Galicia dende o espazo durante o apagamento masivo

Un apagamento eléctrico masivo sen precedentes colapsou a península ibérica durante horas. Sen que transcendese aínda a causa do suceso, España e Portugal —agás a illas, que non se viron afectadas— recuperaron progresivamente a normalidade durante esta madrugada. Galicia non foi unha excepción: as primeiras luces chegaron a Ourense arredor das 14.30 horas do luns, pero vilas como O Carballiño ou O Grove non viron restablecido o seu servizo ata primeira hora da mañá deste martes.

O apagamento foi un acontecemento insólito que logrou capturar a NASA a través de imaxes de satélite. A primeira reflicte a situación luminosa do 28 de abril, mais non ten hora. A deste martes probablemente se recolleu cando xa estaba avanzada a madrugada. Como se pode ver, as cidades de Vigo e da Coruña teñen moita luz, e os datos oficiais indican que non a recuperaron —sempre gradualmente e variando entre rúas— ata pasadas as 2.00 horas. Como se ve, as vilas costeiras e o interior de Galicia estaban completamente a escuras nunha xornada de candeas e radios analóxicas.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século